Portal:Illa de Man/Lugar de interese/Arquivo

Aquí están todos os lugares de interese destacados no portal Illa de Man:

1 editar

Douglas (en manx: Doolish) é a capital e meirande cidade da Illa de Man, cunha poboación de 28.939 persoas (2011). Está localizada na desembocadura do río Douglas, nunha baía de 3 km. O río Douglas forma parte do peirao da cidade e do principal porto comercial.

Douglas era un pequeno asentamento ata o seu rápido crecemento como resultado da conexión co porto inglés de Liverpool no século XVIII. Ademais, o crecemento da poboación viuse favorecido pola industrialización do lugar no século seguinte. Como consecuencia disto, o goberno da illa, o Tynwald, foi trasladado en 1869 a Douglas dende Castletown. Os Tribunais Superiores tamén están na capital.

Douglas é o núcleo principal das actividades da illa, sendo a base para as empresas, finanzas, servizos legais, a pesca, o transporte e o entretemento. O TT Illa de Man de motociclismo comeza e remata en Douglas.


2 editar

Snaefell é a montaña máis alta (621 m) e a única superior a 2000 pés da Illa de Man. Dise que nun día despexado pódense ver seis reinos dende o seu cumio: Inglaterra, Irlanda, Escocia, Gales, a Illa de Man e o Ceo.

O ferrocarril de montaña de Snaefell percorre as catro millas dende Laxey ó cumio. O cume está coroado por unha cafetería e varias antenas de comunicacións.

A estrada de montaña A18 pasa polas pendentes do Snaefell, e é a sección máis alta da Pista de Montaña de Snaefell sobre a cal celébrase a Isle of Man TT Races (carreira de motociclismo).

Hai montañas en Islandia chamadas Snæfell (nótese a suave diferenza de pronunciación), incluíndo a montaña baixo o famoso glaciar Snæfellsjökull. A voz "Snaefell" semella significar "Cume nevada"


3 editar

Portal:Illa de Man/Lugar de interese/3

4 editar

Portal:Illa de Man/Lugar de interese/4

5 editar

Portal:Illa de Man/Lugar de interese/5