Portal:Grecia antiga/Biografía destacada/Arquivo

Aquí están todas as biografías destacadas no portal Grecia antiga:

1Editar

Aristóteles de Estaxira (en grego antigo , Ἀριστοτέλης, Aristotélēs), nado no ano 384 a.C. e finado no ano 322 a.C., foi un importante filósofo grego, un dos maiores pensadores de todos os tempos. As súas reflexións filosóficas (por un lado orixinais e por outro reformuladoras da tradición grega) acabaron por configurar un modo de pensar que se estendería por séculos. Prestou inigualábeis contribucións para o pensamento humano, destacando en ética, política, física, metafísica, lóxica, psicoloxía, poesía, retórica, zooloxía, bioloxía, historia natural e outras áreas de coñecemento. É considerado por moitos o filósofo que máis influíu no pensamento occidental.

Aristóteles escribiu cerca de 200 tratados sobre unha enorme variedade de temas transformando case todas as areas do coñecemento que tocou, recoñecido como pai e fundador da lóxica e da bioloxía pois foi o primeiro en realizar as primeiras investigacións. Entre moitas das contribucións, destacan a teoría da xeración espontánea na que se sostiña que moitas formas de vida aparecían de maneira espontánea a partir de materia inerte, ata o ano 1668, cando o químico francés Pasteur postulou a lei da bioxénese, pola cal a teoría de Aristóteles apoiada máis tarde da súa creación por pensadores como Descartes, Bacon ou Newton quedaba totalmente no recordo. Outros traballos seus son a teoría do principio de non contradición, os conceptos de categoría, substancia, acto, potencia e primeiro motor inmóbil. Ademais disto, cabe destacar que Aristóteles foi discípulo de Platón e doutros pensadores como Eudoxo durante os vinte anos que estivo na Academia de Atenas. Foi mestre de Alexandre Magno no reino de Macedonia e na última etapa da súa vida fundou o Liceo en Atenas onde ensinou ata un ano antes da súa morte.


2Editar

Homero (en grego antigo Ὅμηρος Hómēros; c. século VIII a. C.), é o suposto autor das obras literarias máis antigas coñecidas en Europa, os poemas orais épicos a Ilíada e a Odisea. Considerado o pai da cultura grega, foi o primeiro gran poeta grego que consagrou o xénero, ademais consérvanse del a épica menor cómica Batrachomyomachia (literalmente:"A batalla das ras e dos ratos») e os corpus dos himnos homéricos.

É difícil establecer con certeza se Homero foi un individuo histórico ou unha identidade construída, e se é o autor das dúas célebres epopeas que son os alicerces da literatura occidental. Todo isto é o tratado na cuestión homérica. Malia isto, numerosas vilas xónicas (Quíos, Esmirna, Cime ou mesmo Colofón) dispútanse a orixe do aedo. Por outra banda, a tradición individualízao ó atribuírlle que era cego.


3Editar

Portal:Grecia antiga/Biografía destacada/3

4Editar

Portal:Grecia antiga/Biografía destacada/4

5Editar

Portal:Grecia antiga/Biografía destacada/5

6Editar

Portal:Grecia antiga/Biografía destacada/6

7Editar

Portal:Grecia antiga/Biografía destacada/7

8Editar

Portal:Grecia antiga/Biografía destacada/8

9Editar

Portal:Grecia antiga/Biografía destacada/9

10Editar

Portal:Grecia antiga/Biografía destacada/10