Portal:Bulgaria/Biografía destacada

Miguel III de Bulgaria (en búlgaro: Михаил Асен III, Mihail Asen III), comunmente chamado Miguel Shishman (en búlgaro: Михаил Шишман, Mihail Šišman), gobernou como tsar de Bulgaria de 1323 a 1330. Descoñécese o ano exacto do seu nacemento, pero ocorreu probablemente entre 1280 e 1292. Foi o fundador da última dinastía gobernante do Segundo Imperio búlgaro, a dinastía Shishman. Con todo, despois de ser coroado usou o nome de Asen para salientar a súa relación coa dinastía Asen, a primeira en gobernar sobre o Segundo Imperio.

Gobernante enérxico e ambicioso, Miguel III dirixiu unha política exterior agresiva, aínda que oportunista e incoherente, contra o Imperio bizantino e o Reino de Serbia, que lle custou a vida na desastrosa batalla de Velbazhd. Tamén foi o último gobernante medieval búlgaro que aspirou á hexemonía militar e política do Imperio búlgaro nos Balcáns e o último que tentou apoderarse de Constantinopla. Sucedeulle o seu fillo Iván Estevo e despois o seu sobriño Iván Alexandre, quen cambiou a súa política mediante a formación dunha alianza con Serbia...