Portal:Aviación/Artigo Destacado/arquivo

Aquí están todas os artigos que foron no seu momento destacados:

2016 editar

Decembro editar

O Airbus A340 é un avión civil de pasaxeiros de longo alcance e fuselaxe ancha de Airbus, o consorcio europeo de fabricación de aeronaves. É semellante ao Airbus A330, pero leva catro motores en vez de dous. O modelo A340-600 é, ata que entre en servizo o Boeing 747-8, o avión comercial máis longo do mundo. Pode levar 375 pasaxeiros nas variantes estándar e ata 440 na serie 600. Dependendo do modelo, ten un alcance de entre 12 000 e 17 000 quilómetros.


2017 editar

Xaneiro editar

O Boeing 777 é un avión de pasaxeiros bimotor, de alcance longo e fuselaxe ancha fabricado por Boeing. Trátase do bimotor máis grande do mundo, e pode transportar de 314 a 451 pasaxeiros (dependendo da configuración) a unha distancia de entre 9.695 e 17.370 km. É un dos avións máis recentes de Boeing e fixo o seu primeiro voo en 1994. Comunmente coñecido como "triplo sete", entre as súas distintivas características están os motores turboventilador con máis diámetro nun avión, seis rodas en cada tren de aterraxe principal, unha sección circular da fuselaxe e a terminación da cola en forma de coitela.


Febreiro editar

O Junkers Ju 88 foi un bombardeiro medio alemán usado durante a Segunda Guerra Mundial. Empregado en diversidade de funcións, o Ju 88 entrou en servizo na Luftwaffe no ano 1939 e estivo en activo ata o final da guerra. Utilizado tanto como bombardeiro en picado, en horizontal, caza nocturno, ataque a terra ou recoñecemento estivo moi presente nas batallas de Inglaterra, dos Balcáns, do Mediterráneo e da fronte do leste. A pesar de ter diferentes problemas técnicos nas últimas fases do seus desenvolvemento e nas primeiras da guerra, foi o avión máis versatil do conflito.


Marzo editar

Air Greenland A/S, tamén coñecida como Greenlandair, é a aeroliña nacional de Groenlandia. É subsidiaria do SAS Group, e pertende a este grupo, ao goberno groenlandés e ao goberno danés. Opera unha frota de 32 avións, incluídos un avión de pasaxeiros para voos transatlánticos e chárter, 9 pequenos avións usados principalmente na súa rede doméstica, e 22 helicópteros para levar pasaxeiros dende as pequenas comunidades ata os aeroportos domésticos. Os voos a heliportos nos asentamentos remotos son operados por contrato co goberno de Groenlandia.


Abril editar

Fokker foi un fabricante aeronáutico neerlandés chamado así polo seu fundador, Anthony Fokker. A compañía operou baixo varios nomes, creándose en 1912 en Schwerin, Alemaña, e trasladandose aos Países Baixos en 1919.

Durante o seu período máis exitoso, nos anos 20 e 30 do século XX, dominou o mercado da aviación civil. Fokker entrou en bancarrota en 1996, e as súas opercións foron vendidas aos competidores.



Maio editar

A McDonnell Douglas MD-80 é unha familia de avións de pasaxeiros bimotores de alcance medio fabricada por McDonnell Douglas. A serie MD-80 desenvolveuse a partir do McDonnell Douglas DC-9, e ten unha capacidade de entre 130 e 172 pasaxeiros, dependendo do modelo e a configuración.

O primeiro avión da serie MD-80 entrou en servizo comercial o 10 de outubro de 1980 coa aeroliña Swissair. A familia inclue os modelos MD-81, MD-82, MD-83, MD-87 e MD-88. Todos eles teñen a mesma fuselaxe, agás o máis curto MD-87. Á familia MD-80 seguiulle o modificado MD-90 en 1995 e o MD-95/Boeing 717 en 1999.