Asturias segundo o seu Estatuto de Autonomía está considerada comunidade histórica no seu artigo 1. Posúe un órgano de autogoberno medieval chamado Xunta Xeral fundado no ano 1388, como consecuencia da súa transformación en Principado por orde de Xoán I de Castela. Tamén posúe unha lingua propia, o asturiano, lingua que, aínda non sendo considerada lingua oficial, posúe un status xurídico de protección. A parte máis occidental da comunidade, coñecida como Terra Eo-Navia, é de fala galega.
Segundo o seu estilo decorativo atopamos tres variantes principais: estilo Villaviciosa, estilo Carreño e estilo Allande.
Estilo Villaviciosa: a maior concentración preséntase nos concellos de Colunga, Cabranes e Piloña, co foco principal en Villaviciosa. Este estilo correspuende aos hórreos máis antigos conservados. Á hora de decorar os seus hórreos, os carpinteiros estaban influenciados polo que vían nas súas igrexas, co que parece xurdir un sutil parentesco ente as decoracións románicas e o estilo Villaviciosa. A madeira pode estar tallada ou pintada. Os hórreos pintados presentan deseños xeométricos baseados en cores planas (vermello, azul ou branco).
Estilo Carreño: constitúeno grandes hórreos da zona costeira do centro de Asturias, nos que as súas fachadas están cubertas por tallas con flores e formas xeométricas e cores vivas. O adorno procura encher todo o espazo dispoñible e amosa certa infuencia das tallas barrocas. Pódese deber a que os hórreos mellor decorados puideron ser construídos polos mesmos tallistas que labraban os retablos rurais.
Estilo Allande: este estilo atópase no occidente interior de Asturias. A decoración baséase en motivos independentes que se atopan nos laterais da porta. Os motivos representados son os habituais do maxín popular, con fortes raíces simbólicas ou máxico-relixiosas. Predominan as figuras xeométricas como os tetrasqueis, rosetas radiais ou entrelazados.
...A República de Obreiros e Labregos de Asturias, ás veces chamada República Socialista Asturiana, foi unha república pequena e de curta duración proclamada en Asturias o 5 de outubro de 1934, data do inicio da Revolución asturiana, e que se prolongou ata o 18 de outubro do mesmo ano, cando os obreiros asturianos se renderon ao exército da Segunda República Española.