O Porsche 918 Spyder é un modelo de automóbil superdeportivo producido polo fabricante alemán Porsche dende 2013 até 2015. Posúe un motor híbrido central, composto por un motor V8 de 4'6 litros que achega 608 CV, e dous motores eléctricos conectados ós eixos dianteiro e traseiro, achegando 280 CV máis para un total de 886 CV. Trátase dun deportivo de dúas prazas con chasis de fibra de carbono e tracción ás catro rodas que rende unha aceleración de 0 a 100 km/h en 2'8 segundos.

Porsche 918

Fabricante Porsche
País Alemaña Alemaña
Deseño Michael Mauer
Hakan Saracoglu
Período 2013-2015
Configuración
Segmento Segmento S
Carrozaría Roadster, Targa de 2 portas
Configuración Motor central, tracción total
Dimensións
Lonxitude 4643 mm
Anchura 1940 mm
Altura 1167 mm
Distancia eixes 2730 mm
Características técnicas
Motor 4'593 cc Ford Modular 4V híbrido V8
Autonomía 680 km
Potencia 886 CV
Modelos relacionados
Antecesor Porsche Carrera GT
Sucesor Porsche Mission X

O modelo foi presentado como proxecto no Salón do Automóbil de Xenebra en 2010, mentres que a versión de produción foi presentada no Salón do Automóbil de Frankfurt en 2013. A marca fabricou 918 unidades. Unha variante denominada "RSR" foi fabricada para a competición.

En 2013 anunciouse que un Porsche 918 fixera un tempo de 6'57" nunha volta ó Circuíto de Nürburgring clásico, de 20'6 kms, converténdose no primeiro coche do mercado en baixar dos sete minutos, e mellorando o mellor tempo en 14 segundos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar