Pontevedra, cuna de Colón
Pontevedra: cuna de Colón é unha película documental española muda de 1927 realizada por Enrique Barreiro Vázquez na que defende a teoría que sitúa a orixe do explorador Cristovo Colón en Galicia, concretamente na ría de Pontevedra.[1]
Pontevedra, cuna de Colón | |
---|---|
Tipo | filme ![]() |
Lingua orixinal | lingua castelá ![]() |
Autoría | |
Director/a | Enrique Barreiro ![]() |
Publicación | |
País orixe | España ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Redes | ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Características
editarFoi o primeiro filme en cor realizado en Galicia, coa técnica do cinecromo que o propio Enrique Barreiro inventara. O documental estreouse en 1927 no Teatro Principal de Pontevedra.[2]
Argumento
editarO director defende con argumentos a teoría de Celso García de la Riega de que Colón pasase a súa infancia na comarca de Pontevedra, estabelecendo o seu nacemento na parroquia de San Salvador de Poio, o cal inspirou a denominación do que na actualidade é a República do Salvador (con capital en San Salvador). Segundo esta teoría, moitos dos nomes dos lugares descubertos por el foron bautizados inspirándose na ría de Pontevedra. O filme realizouse co asesoramento de Prudencio Otero.[3]
Notas
editar- ↑ admin (2018-05-25). "Pontevedra, cuna de Colón". Filmoteca de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-10-16.
- ↑ "Noticias". El progreso. 27 de abril de 1927.
- ↑ "El cine en colores". Vida Gallega (339). 30 de abril de 1937. p. 9.