Ponte do Pozo Negro

Coordenadas: 42°43′42.16″N 8°13′26.6″O / 42.7283778, -8.224056

A ponte do Pozo Negro ou do Puzo Negro[Cómpre referencia] é unha ponte construída sobre o río Deza entre as parroquias de Ponte (Silleda) e San Pedro de Losón (Vila de Cruces).

Ponte do Pozo Negro
Ponte-Puzo-Negro.jpg
Localización
RíoDeza
ConcelloSilleda - Vila de Cruces
ProvinciaPontevedra
Características
ConstruciónPrincipios século XX
Tipotaboleiro
MaterialPedra, formigón e ferro

Situación e descriciónEditar

Sitúase a carón do Pozo Negro, do cal toma o nome. Este pozo do Deza recibe esta denominación debido á cor escura que toma a auga do río nese lugar.

Consta dunha plataforma de formigón e ferro, protexida por unha varanda tamén de ferro. Esta plataforma sostense sobre dúas paredes de parede levantadas a ambas lados do río, estando contruída a do lado de Ponte sobre un penedo.

HistoriaEditar

Foi construída a comezos do século XX para canalizar o tránsito de persoas e mercadorías entre as terras do Corpiño e Carbia e as de Trasdeza, onde se viña celebrando na parroquia de Silleda unha feira os días 6 e 23 de cada mes. Así pois, o camiño que se dirixe cara esta ponte aínda conserva o nome de camiño da feira[1].

Coa mellora das vías e medios de comunicación, esta ponte caeu en desuso en detrimento doutras próximas (A Carixa, Ponte Taboada). No ano 1993, abriuse ao tránsito a PO-205, cuxo viaduto axudou a salvar o desnivel do Deza entre Ponte e San Pedro de Losón. Na actualidade a ponte do Pozo Negro só é utilizada por troiteiros e sendeiristas.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. Ferreira Priegue, Elisa María. Los caminos medievales de Galicia

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar