Zaniskari

(Redirección desde «Poni Zaniskari»)

A zaniskari ou zanskari é unha raza de cabalo de montaña pequeno ou poni orixinaria de Ladakh, no norte da India.[1] Recibe o seu nome do val Zanskar ou da rexión do distrito de Kargil.[2] É semellante á raza spiti de Himachal Pradesh, mais está mellor adaptado para traballar a grande altitude.[3] Ao igual que a raza spiti, mostra semellanzas coas razas tibetanas que viven na outro lado da cordilleira do Himalaia, no veciño Tíbet.[4] Ten un tamaño medio, sendo a cor máis común a gris. A raza considérase en perigo de extinción, xa que só hai un cento de exemplares vivos, polo cal se iniciou un programa de conservación en Padum, Zanskar, no distrito de Kargil de Ladakh.

Cabalo zaniskari.
Distribución das razas de cabalos da India. A zaniskari, ao norte en azul.

Uso editar

 
Cabalos zaniskari levando patacas preto do río Zanskar.

Os cabalos zaniskari están especialmente adaptados para traballar como animais de carga a grande altitude e nas difíciles condicións da súa rexión natal, que se atopa entre 3.000 e 5.000 metros sobre o nivel do mar, e onde as temperaturas pode alcanzar os -40 °C. Son fortes e de pé seguro, e teñen boa resistencia.[5] O exército indio en Ladakh utilízao como besta de carga. Tamén se usa para montar e para polo.[5]:58

Notas editar

  1. Brief on Zanskari Ponies. Indigenous Horse Society of India. Arquivado o 1 de xuño de 2018.
  2. G. S. Gujral (1996). Changing Perspectives Of Biodiversity Status In The Himalaya. New Delhi: British Council Division, British High Commission. ISBN 9788190065108.
  3. About Indian Horses. Indigenous Horse Society of India. Arquivado o 3 de agosto de 2018.
  4. Elwyn Hartley Edwards (1994). The Encyclopedia of the Horse. Londres; Nova York; Stuttgart; Moscow: Dorling Kindersley. ISBN 0751301159.
  5. 5,0 5,1 A.K. Gupta, S.N. Tandon, Y. Pal, A. Bhardwaj, M. Chauhan (2012). Phenotypic characterization of Indian equine breeds: a comparative study. Animal Genetic Resources (50): 49–58. Rome: Food and Agriculture Organization of the United Nations. doi 10.1017/S2078633612000094

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar