Os Pomacántidos (familia Pomacanthidae), coñecidos comunmente como peixes anxo, son unha familia de peixes mariños incluída na orde Perciformes. Distribúense por augas tropicais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.

Pomocanthus imperator

Características

editar

Presentan un corpo fortemente comprimido lateralmente, aleta caudal desde arredondada a fortemente semilunar, con 15 radios ramificados; aleta anal con tres espiñas e, en moitas especies, cunha extensión alargada e suave nas marxes traseiras das aletas dorsal e anal. No preopérculo posúen unha forte espiña á que deben o nome (Poma-= opérculo, acanth-= espiña).

Mostran coloracións moi vistosas, marcadamente diferente entre os estados xuvenís e adultos.

Viven en augas pouco profundas, de menos de 20 m de profundidade, cerca dos arrecifes de coral, e excepcionalmente por debaixo dos 50 m.

Son de reprodución peláxica. A maioría aliméntanse de esponxas, invertebrados, algas e ovos de peixes. Son moi apreciados nos acuarios, aínda que difíciles de manter.

Clasificación

editar
 
Holacanthus ciliaris

Divídense en 9 xéneros:

  • Apolemichthys (Burton, 1934 )
  • Arusetta (Fraser-Brunner, 1933)
  • Centropyge (Kaup, 1860)
  • Chaetodontoplus (Bleeker, 1876)
  • Genicanthus (Swainson, 1839)
  • Holacanthus (Lacepède, 1802)
  • Paracentropyge (Burgess, 1991)
  • Pomacanthus (Lacepède, 1802)
  • Pygoplites (Fraser-Brunner, 1933)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar