Polyphylla fullo

Polyphylla fullo, macho.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Familia: Scarabaeidae
Subfamilia: Melolonthinae
Xénero: Polyphylla
Especie: P. fullo
Nome binomial
Polyphylla fullo
(Linnaeus, 1758)

Polyphylla fullo é unha especie de escaravello pertencente á familia Scarabaeidae, subfamilia Melolonthinae.

Descrición editar

É o Melolonthinae europeo máis longo, acadando unha lonxitude de 38 mm. O seu corpo é robusto e convexo e máis ou menos marrón avermellado ou de tons negros. Está cuberto de finas pubescencias brancas que forman manchas marmoradas. Igual que outros membros do xénero, os machos posúen unha antena en abano agrandable, que lle dá un distintivo aspecto e explica o nome científico do xénero (Polyphylla = "moitas follas"). O adulto vive e aliméntase da follaxe dos piñeiros, mentres que as larvas viven nas raíces de herbas e xuncas (Graminaceae e Cyperaceae).

Distribución editar

Habita no norte de África, Europa e Próximo Oriente. En case todas partes é escaso, pero onde máis abunda é en Europa central e do sur. A súa fronteira norte é o sur de Suecia e chega ao leste dos Balcáns, o Cáucaso e leste de Irán.[1]

Vive en amvientes areosos, como nos bordos de bosques de piñeiros solleiros, viñedos ou dunas.

Galería editar

Notas editar

  1. "Polyphylla (Polyphylla) fullo (Linnaeus, 1758)". 2.6.1. Fauna Europaea. 24 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 3 de agosto de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar



 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.