Os Policéntridos (Polycentridae) ou peixes folla son unha familia de peixes de río incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por ríos de Suramérica.

Monocirrhus polyacanthus

Características editar

Trátase de peixes moi pequenos, que non superan os 8 cm de lonxitude. A cabeza e boca son longas, sendo esta última extremadamente protráctil. Posúen unha aleta dorsal continua con 16-18 espiñas e 7-13 radios brandos; esta parte branda adoita ser transparente, e é o único que move cando se aproxima á presa, que non detecta así o seu movemento. Non teñen liña lateral.

Poñen os ovos baixo as follas das plantas acuáticas ou en pequenas gretas, e o macho é quen coida tanto os ovos como as larvas.

Clasificación editar

Comprende dous xéneros cunha única especie cada un:

  • Xénero Monocirrhus
    • Monocirrhus polyacanthus (Heckel, 1840) (en ríos de toda Suramérica)
  • Xénero Polycentrus
    • Polycentrus schomburgkii (Müller e Troschel, 1849) (en ríos de Venezuela e Güiana.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar