Pol Bueso

futbolista español


Pol Bueso Paradís, nado en Moncofa (Castelló) o 27 de abril de 1985, é un futbolista español. Xoga normalmente de central, aínda que tamén pode ocupar a posición de lateral esquerdo. Actualmente xoga no CD Arenteiro.

Infotaula de personaPol Bueso
Biografía
Nacemento27 de abril de 1985 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Moncofa, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura1,85 metros
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteFútbol
Posición de xogoDefensa
Membro do equipo deportivoCD Arenteiro

Traxectoria editar

Pol Bueso Paradís formouse nas categorías inferiores do CD Castelló: xogou no equipo filial CD Castelló B en Terceira División a tempada 2005/06. Debutou co primeiro equipo o 5 de setembro de 2007 en partido da Copa do Rei ante o Albacete Balompié. Esa mesma tempada foille cedido en marzo de 2008 á AD Ceuta en Segunda División B coa que logrou anotar un gol e clasificarse para a promoción de ascenso a Segunda División de España.[1][2]

En xullo de 2008 regresou ao CD Castelló para formar parte do cadro principal, aínda que non foi titular nas dúas seguintes campañas en Segunda división.[3] En cambio, tras o descenso a Segunda división B, Pol foi o único xogador que continuou no equipo na tempada 2010/11, e pasou a ser o primeiro capitán. Alí consolidouse no once titular, formando parella no eixo da defensa con Joan Castelo.

Bueso despois pasou a xogar no filial do Valencia, o Valencia Mestalla, na tempada 2011/12, e despois na UD Salamanca (2012/13), ambos os dous na que daquela era a categoría de bronce. En xaneiro de 2015 marchou ao Club Gimnàstic de Tarragona como reforzo do mercado de inverno. Ao final da tempada, en agosto de 2015, asinou co UCAM Murcia co que ascendeu a Segunda División tras vencer a dobre partido o Real Madrid Castilla. Así conseguiu ademais o título de campión de Segunda División B da campaña 2015/16 ao imporse ao Reus Deportiu na final.

No verán de 2016 o xogador recalou no Hércules, onde permaneceu por tres campañas, ata que na tempada 20/21 asinou polo Pontevedra do grupo segundo de Segunda División B. Na seguinte tempada pasou ao Arenteiro, onde xogou en Segunda Federación e na Copa do Rei (incluíndo unha eliminatoria contra o Atlético de Madrid xogada en Espiñedo. En xaneiro de 2023, durante un partido co Guijuelo, esvaeu e perdeu o coñecemento logo de darlle unha cabezada ao balón[4].

Clubs editar

Actualizado ao remate da tempada 20/21.

Club Temporada Liga Copa Total
Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
CD Castellón B 2005/06
2006/07 17 0 17 0
2007/08 25 0 25 0
Total 42 0 42 0
CD Castellón 2007/08 3 0 1 0 4 0
AD Ceuta 2007/08 8 1 8 1
CD Castellón 2008/09 15 0 3 0 18 0
2009/10 20 0 1 0 21 0
2010/11 26 0 1 0 27 0
Total 61 0 5 0 66 0
V. Mestalla 2011/12 23 0 23 0
UD Salamanca 2012/13 34 0 34 1
Albacete Balompié 2013/14 38 0 1 0 39 0
2014/15 7 0 3 0 10 0
Total 45 0 4 0 49 0
Gimnàstic de Tarragona 2014/15 7 0 0 0 7 0
UCAM Murcia 2015/16 23 0 2 0 25 0
Hércules 2016/17 33 1 4 0 37 1
2017/18 19 0 0 0 19 0
2018/19 10 0 0 0 10 0
Total 62 1 4 0 66 1
Pontevedra CF 2019/20 16 0 1 0 17 0
2020/21 6 0 2 0 8 0
Total 22 0 3 0 25 0
Arenteiro 2021/22 0 0 0 0 0 0
2022/23 0 0 0 0 0 0
Total 0 0 0 0 0 0
Total carreira 209 2 7 0 216 2

Palmarés editar

Albacete
Gimnàstic
UCAM Murcia
Arenteiro

Notas editar