PPP

Protocolo asociado á pila TCP/IP de uso en Internet
(Redirección desde «Point-to-Point Protocol»)

PPP (acrónimo do inglés point-to-point protocol, «protocolo punto a punto») é un protocolo de nivel de enlace estandarizado no documento RFC 1661. Xa que logo, trátase dun protocolo asociado á pila TCP/IP de uso en Internet.

Descrición editar

O protocolo PPP permite establecer unha comunicación a nivel de enlace entre dous computadoras. Xeralmente, utilízase para establecer a conexión a Internet dun particular co seu provedor de acceso a través dun módem telefónico. Ocasionalmente tamén é utilizado sobre conexións de banda larga (como PPPoE ou PPPoA). Ademais do simple transporte de datos, PPP facilita dúas funcións importantes:

  • Autenticación. Xeralmente mediante unha clave de acceso.
  • Asignación dinámica de IP. Os provedores de acceso contan cun número limitado de enderezos IP e contan con máis clientes que enderezos. Naturalmente, non todos os clientes conéctanse ao mesmo tempo. Así, é posible asignar un enderezo IP a cada cliente no momento en que se conectan ao provedor. O enderezo IP consérvase ata que termina a conexión por PPP. Posteriormente, pode ser asignada a outro cliente.

PPP tamén ten outros usos, por exemplo, utilízase para establecer a comunicación entre un módem ADSL e a pasarela ATM do operador de telecomunicacións. Tamén se veu utilizando para conectar a traballadores desprazados (p. ex. computador portátil) coas súas oficinas a través dun centro de acceso remoto da súa empresa. Aínda que está aplicación estase abandonando en favor das redes privadas virtuais, máis seguras.

Trama PPP editar

Unha trama PPP esta baseada en HDLC.[1] Ten un mínimo de 6 bytes e un máximo indeterminado. A trama HDLC con PPP é:

Bandeira Enderezo Control Protocolo Datos FCS Bandeira
0x7e 0xFF 0x03 2 bytes Lonxitude variable. Pode levar recheo. 2 ou 4 bytes 0x7e

Nota: 0x7e son 8 bits en notación hexadecimal, ver Hexadecimal para máis información.

O enderezo sempre é 0xFF que é o enderezo de difusión estándar de todos os destinos. En PPP non hai enderezos individuais de cada estación dado que só hai dúas. O campo control vale 0x03, que corresponde con tramas de usuario non numeradas en HDLC. Estes dous campos pódense eliminar se se negocia en LCP "Address-and-Control-Field-Compression" (ACFC, compresión dos campos de enderezo e control).

Os identificadores de protocolo están especificados no RFC 1661. Os máis importantes son:

  • 0x0021 para IP.
  • 0xc021 para LCP.
  • 0xc023 para PAP.
  • 0xc223 para CHAP.

O campo FCS (Frame Check Sequence) é unha secuencia de comprobación de trama. Utilízase para detectar erros na transmisión da trama. O transmisor calcula o CRC do contido da trama e colócao no campo FCS. O receptor calcula o CRC da trama que recibe e compárao co valor que hai no FCS. Se os valores son distintos, hai bits erróneos na trama, polo que se descarta. Se o campo FCS é de 2 bytes úsase un CRC de 16 bits. Se o campo FCS é de 4 bytes, úsase un CRC de 32 bits.

Funcionamento editar

 
Protocolo PPP

PPP consta das seguintes fases:

  1. Establecemento de conexión. Durante esta fase, unha computadora contacta coa outra e negocian os parámetros relativos ao enlace usando o protocolo LCP. Este protocolo é unha parte fundamental de PPP e por iso están definidos no mesmo RFC. Usando LCP negóciase o método de autenticación que se vai a utilizar, o tamaño dos datagramas, números máxicos para usar durante a autenticación,...
  2. Autenticación. Non é obrigatorio. Existen dous protocolos de autenticación. O máis básico e inseguro é PAP, aínda que non se recomenda dado que manda o nome de usuario e a contrasinal en claro. Un método máis avanzado e preferido por moitos ISPs é CHAP, no cal a contrasinal mándase cifrada.
  3. Configuración de rede. Nesta fase negócianse parámetros dependentes do protocolo de rede que se estea usando. PPP pode levar moitos protocolos de rede ao mesmo tempo e é necesario configurar individualmente cada un destes protocolos. Para configurar un protocolo de rede úsase o protocolo NCP correspondente. Por exemplo, se a rede é IP, úsase o protocolo IPCP para asignar o enderezo IP do cliente e os seus servidores DNS.
  4. Transmisión. Durante esta fase mándase e recibe a información de rede. LCP encárgase de comprobar que a liña está activa durante períodos de inactividade. Obsérvese que PPP non proporciona cifrado de datos.
  5. Terminación. A conexión pode ser finalizada en calquera momento e por calquera motivo.

PPP ten todas as propiedades dun protocolo de nivel de enlace:

  • Garantía de recepción.
  • Recepción ordenada.
  • Uso do porto 53 para conexión bidireccional de sockets.

PPP versus SLIP editar

O protocolo SLIP cumpre a mesma función que PPP, pero se trata dun protocolo moito máis anticuado. As vantaxes de PPP sobre SLIP son:

  • Permite a conexión tanto mediante liñas síncronas como asíncronas.
  • Permite a asignación dinámica de enderezos IP en ambos os extremos da conexión.
  • Permite o transporte de varios protocolos de rede sobre el (SLIP soamente permite IP).
  • Implementa un mecanismo de control de rede NCP.
  • Usado tamén en Redes Neuronais Artificiais (RNA).

O protocolo PPP pódese usar tamén para crear Redes Privadas Virtuais (RPV) tanto cifradas como non cifradas, pero se se desexa cifrado, débese implementar por baixo de PPP.

Notas editar

  1. Como se explica en RFC 1662 Arquivado 04 de maio de 2009 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar