Pohnpei

Pohnpei "altar de pedra" (anteriormente coñecida como Ponape) é o nome dunha illa das Illas Senyavin, que forman parte do grupo máis grande das Illas Carolinas. Pertence ao Estado de Pohnpei, un dos catro estado dos Estados Federados de Micronesia (FSM). Os principais centros de poboación en Pohnpei inclúen Palikir, a capital federal dos FSM, e Kolonia, a capital do Estado de Pohnpei. A illa de Pohnpei é a máis grande (334 km²), a máis alta (case 800 metros), con maior poboación (36.000 habitantes), e a illa máis desenvolvida nos FSM. Os insulares de Pohnpei teñen a reputación de ser o máis acolledores cos estranxeiros entre os residentes do grupo de illas.

Pohnpei
Fawo ni pei
Pohnpei International Airport.jpg
Localización de Pohnpei
Situación
PaísEstados Federados de Micronesia
ArquipélagoIllas Senyavin, Illas Carolinas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas6°51′N 158°13′L / 6.850, -158.217
Xeografía
Superficie371´6 km²
Punto máis alto782 m. (Monte Nanlaud)
Demografía
CapitalPalikir
Poboación36.196 hab. (2010)
XentilicioPonapeño


Mapa da illa Pohnpei
Detailed map of Pohnpei, showing the borders of the five 'independent tribes'
Senyavin Islands (Pohnpei plus two neighboring atolls)

Pohnpei contén unha gran cantidade de biodiversidade. Tamén é un dos lugares máis húmidos na terra con precipitacións anuais superiores aos 7.600 mm rexistrados cada ano en certos lugares montañosos. É o fogar da árbore ka (Terminalia carolinensis) atópase só en Pohnpei e Kosrae.[1]

XeografíaEditar

O punto máis alto da illa é Monte Nanlaud en 772 ou 782 metros. Pohnpei é o fogar de varias ducias de especies de aves, incluíndo catro especies endémicas, o Trichoglossus rubiginosus, o Rhipidura kubaryi, o Myiagra pluto e o Rukia longirostra. Unha quinta endémica, o Aplonis pelzelni, pénsase que extinguiuse recentemente. Os únicos réptiles terrestres son unhas poucas especies de lagarto. Orixinalmente, existían só tres mamíferos: ratas, morcegos e cans. Introducíronse porcos, algúns agora son salvaxes, do mesmo xeito que os cervos traídos en tempos dos alemás. As lagoas son ricas en peixes, moluscos, tartarugas e outra fauna mariña.[2]

ClimaEditar

 
Cidade de Kolonia mirando cara abaixo desde o Cerro Sokehs
 
Distrito centro de Pohnpei Circa 1960

Pohnpei pertence a zona de Clima ecuatorial (Köppen: F).[3] tamén é un dos lugares máis húmidos na terra cun rexistro de choiva anual superior a 7.600 mm cada ano en certas localizacións montañosas.[4]

Datos climáticos para Pohnpei
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 30 30 30 30 30 30 30 31 31 31 31 30 30
Media mínima en °C 23 24 24 23 23 23 22 22 22 22 23 23 22
Precipitación media mm 307 259 360 447 493 422 437 414 404 411 404 424 4 770
Fonte: Weatherbase[5]

HistoriaEditar

Os nativos de Pohnpei, especialmente as xeracións "máis vellas", refírense a miúdo a sucesos do seu pasado como sucedidos, por exemplo, nos "tempos alemáns" ou "antes dos españois", que identifica os períodos históricos do seguinte xeito:

Período Anos
Período nativo Antes de 1825
Período Pre-español 1825–1886
Período español 1886–1899
Período alemá 1899–1914
Período xaponés 1914–1945
Período norteamericano 1945–1986
Período da independencia desde 1986

Os españois denominaron Ponapé á illa e ao asentamento máis importante na mesma, a súa primeira capital.

As illas Carolinas foron descubertas o 22 de agosto de 1526 polo explorador español Toribio Alonso de Salazar. O 1 de xaneiro de 1528 o descubridor Alonso de Saavedra tomou posesión en nome do Rei de España das illas de Uluti, sendo visitado o arquipélago en 1542, Illas Matelotes, 1543, 1545 e por Legazpi en 1565.

En Pohnpei atópanse interesantes ruínas dunha civilización micronesia, destacando as ruínas de Nan Madol.

Pohnpei, xunto coas Illas Senyavin, foi unha das illas máis tardiamente descubertas por Occidente: foi avistada por primeira vez polo navegante ruso Fyodor Litke en 1828, máis de dous séculos despois que o resto das Illas Carolinas. Nesta illa atopouse a principal sede de goberno das Carolinas, chamada comunmente a colonia, adxacente á capital actual, Palikir.

Tras a guerra hispano-estadounidense, Alemaña comprou a illa a España; baixo soberanía alemá, a colonia foi nomeada oficialmente Kolonia. Pohnpei foi ocupada por Xapón durante a Primeira Guerra Mundial, tras a cal a Sociedade de Nacións declarou que as illas Carolinas debían pasar a administración xaponesa, como débeda de guerra pola derrota alemá, xunto coas illas Marshall e as Marianas (excepto Guam, territorio estadounidense).

Durante a Segunda Guerra Mundial a illa foi esquivada durante as campañas anfibias estadounidenses entre 1943 e 1945. As instalacións militares foron bombardeadas en varias ocasións, incluíndo os bombardeos dos barcos de batalla USS Massachusetts (BB-59) e Iowa (BB-61), así como o ataque aéreo de Cowpens (CVL-25). Ao termo da guerra, as Illas Carolinas pasaron a formar parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico.

Os Estados Federados de Micronesia obtiveron a independencia en 1986. Desde entón, Pohnpei foi un resgardado porto tropical baixo control indirecto dos Estados Unidos.

A poboación en 2001 era de 49.300 habitantes.

Illas próximasEditar

  • O atol de Pingelap, situado varios centos de quilómetros ao leste de Pohnpei aínda que pertencente ao estado de Pohnpei, destaca polo alto índice de acromatopsia dos seus habitantes. Esta cegueira da cor é relativamente rara, pero aparece a miúdo en comunidades con baixa variabilidade xenética. Pingelap foi descrita no libro The Island of the Colorblind (a illa dos cegos da cor) polo neurólogo Oliver Sacks.
  • As antigas illas artificiais de Nan Madol atópanse próximas a Pohnpei.
  • O atol Oroluk

Política e administraciónEditar

División territorial e descentralizaciónEditar

 
Mapa dos cocncellos de Pohnpei

Os concellos da illa de Pohnpei son:

Lista dos concellos actuaisEditar

O Estado de Pohnpei conta con once municipios distribuídos do seguinte xeito: seis para a illa de Pohnpei, cinco para as illas exteriores. O municipio de Kolonia só se incorporou despois da Segunda Guerra Mundial, apartándoo de Nett.

Municipio Localización km² 1920[6] 1925[6] 1930[6] 1935[6] 1958[7] 1967[6] 1970[6] 1973[8] 1980[9] 1985[10] 1994[11] 2000[12] 2010[13]
Kapingamarangi Illas exteriores 1.8 300 341 378 396 404 428 369 389 508 511 473 474 350
Kitti Pohnpei 1.322 1.399 1.489 1.500 1.896 2.369 2.436 2.427 3.401 3.987 5.178 6.007 6.470
Kolonia Pohnpei 1.5 Nett Nett Nett (357) Nett 1.720 2.991 2.649 4.795 5.549 6.169 6.660 5.681 6.068
Madolenihmw Pohnpei 56 763 889 1.067 1.229 1.794 2.571 2.152 2.627 3.376 4.340 4.951 5.420 5.662
Mokil Illas exteriores 1.24 246 236 269 258 338 397 387 321 290 268 209 177 133
Nett Pohnpei 779 1016 1044 1201 1.068 1.368 1.662 2.357 2.226 4.067 5.977 6.158 6.542
Nukuoro Illas exteriores 1.67 159 184 168 191 247 287 267 245 307 393 349 362 210
Pingelap Illas exteriores 1.75 601 601 638 694 627 647 661 641 375 737 518 438 258
Sapwuahfik Illas exteriores 0.906 273 281 278 295 298 401 451 408 560 564 603 640 456
Sokehs Pohnpei 623 887 1.024 1.066 1.671 2.115 2.486 3.216 3.652 5.047 5.773 6.444 6.640
Uh Pohnpei 682 763 776 762 1.190 1.470 1.750 1.857 1.851 2.588 3.001 2.685 3.192

Mitos sobre PohnpeiEditar

 
Mapa de Nan Madol na costa de Ponapé.

O hipotético continente de Lemuria, formulado por científicos no século XIX, foi relacionado posteriormente con Pohnpei. As lendas xurdidas ao redor de Lemuria levaron a místicos franceses a relacionar estas lendas coas infrecuentes ruínas de Nan Madol, explicando a existencia destas ruínas como o que restaba emerxido dese hipotético continente tras un cataclismo. Posteriormente, escritores como Lovecraft e August Derleth aproveitaron tales mitificaciones para situar en Pohnpei a entrada a fantásticas civilizacións de terribles alieníxenas; nos 1960 o ufólogo Erik von Däniken afirmaba que as ruínas de Nan Madol e outras en Ponape debíanse á obra de extraterrestres.

NotasEditar

  1. Nature Conservancy Magazine febreiro / marzo 2015 page 36
  2. The foregoing is compiled partially from Pacific Islands Year Book, Judy Tudor, editor. Sydney: Pacific Publications. Tenth Edition, xaneiro de 1968; Eleventh Edition, xaneiro de 1972
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2014. Consultado o 09 de xullo de 2016. 
  4. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 09 de xullo de 2016. 
  5. "Weatherbase: Historical Weather for Pohnapei, Federated States of Micronesia". Weatherbase. 2011. Consultado o 24 November 2011. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Modelo:Article.
  7. Modelo:Lien web.
  8. Modelo:Lien web
  9. Modelo:Lien web[Ligazón morta]
  10. Modelo:Lien web
  11. Modelo:Lien web
  12. Modelo:Lien web
  13. Modelo:Lien web

Ligazóns externasEditar