Poesía escáldica

A poesía escáldica era a poesía cortesá norueguesa, tamén cultivada en Islandia composta por skalds (trobadores) e que se opuña á poesía dos Edda, anónima. Cultivouse ata o século XI. Era unha poesía refinada, retórica, complicada; os versos seguían unha normas moi estritas cunha sintaxe complicada que producían un efecto brillante ao seren recitados. Dividíanse en drápur (panexírico), flokkar (poemas de varias estrofas) e lausavísur (poema dunha estrofa). Os temas eran históricos, relatando batallas e outros grandes acontecementos, en menor medida versaban sobre temas mitolóxicos.