Pobo squamish

pobo indíxena da Columbia Británica, no Canadá

Os squamish (ou en lingua squamish: Sḵwx̱wú7mesh snichim, o "7" representa unha oclusiva glotal) son un pobo indíxena orixinario da costa noroeste do Pacífico do Canadá.[1] En 2012, a cifra de membros rexistrados na Nación Squamish era de 3 893.[2] A súa lingua, o squamish ou Sḵwx̱wú7mesh snichim, forma parte das linguas salish da costa,[3] e considérase case extinta xa que só contaba con 10 falantes fluídos no ano 2010.[4]

Pobo squamish
O xefe Andrew e o seu fillo Alvie Andrews en 1902 levando traxes tradicionais. Fotografía tirada na vila de Sen̓áḵw.
Poboación
Poboación total:
3 893 (2012)
Rexións principais:
CanadáColumbia Británica
Aspectos culturais
LinguaLingua squamish e inglés

Notas editar

  1. Squamish Nation "Skwxwu7mesh Snichim-Xweliten Snichim Skexwts / Squamish-English Dictionary", Publicado en 2011. ISBN 0-295-99022-8
  2. Registered Population, Aboriginal Affairs and Northern Development. Arquivado 12 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Consultado en febreiro de 2012.
  3. Jacobs, Peter "Control in Sḵwx̱wú7mesh" Arquivado 12 de outubro de 2013 en Wayback Machine., Universidade da Columbia Británica. PhD Thesis. p VI.
  4. First Peoples’ Heritage, Language and Culture Council, ed. (2010). "Report on the Status of B.C. First Nations Languages 2010" (PDF). p. 23. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de febreiro de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar