Os murri son un pobo aborixe australiano orixinario do actual estado de Queensland. O termo é, en ocasións, asociado erradamente con pobos doutras partes de Australia. Os murri abranguen un grupo de tribos e grupos familiares estendidos ó longo da rexión (como os yugarabul, os jagera, os pobos de Coorparoo, e o pobo kwiambal de máis ó sur). As comunidades aborixes doutras rexións de Australia inclúen ós koori, anangu, noongar e nunga, entre outras.

O xogador profesional de rugby, Robert Lui, do pobo murri.

Moitos murri foron desprazados forzosamente das súas terras e recolocados en misións cristiás xunto con outras tribos coas que pode que non tiveran relacións amigables. Entre 1900 e 1972, unha gran cantidade de nenos murri foron parte das xeracións roubadas.[1]

Notas editar

  1. "Bringing them Home - 5 Queensland". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2000. Consultado o 13 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar