Os gweagal (tamén escrito gwiyagal) son un pobo aborixe australiano do grupo dos tharawal (ou dharawal), que tradicionalmente vivían nas áreas meridionais de Sidney, Nova Gales do Sur, Australia.[1]

Obra que representa o primeiro contacto que tiveron os gweagal co Capitán James Cook e a súa tripulación nas costas de Nova Gales do Sur.

Os gweagal vivían na costa sur da baía Botany (Península de Kurnell). O seu territorio, aínda que non estaba claramente definido, abranguía a zona entre os ríos Cooks e Georges, ó sur de estuario de Port Hacking e ó oeste de Liverpool. Eran o pobo máis setentrional da nación dharawal.[2]

Notas editar

  1. "Aussie People - Aborigines". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2008. Consultado o 28 de agosto de 2008. 
  2. "Kurnell - A Pictorial History". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar