Plaza Consistorial de Pamplona

Coordenadas: 42°49′06″N 1°38′39″O / 42.81829722, -1.64404444

A Plaza Consistorial (en éuscaro: Iruñeko Udal Plaza) é unha praza que está situada no corazón da Zona Vella de Pamplona. Como o seu nome indica, nela atópase a Casa do Concello da cidade. Ademais, na praza únense as rúas Santo Domingo e Mercaderes.

Praza e Casa do Concello de Pamplona.

Historia editar

A praza ten a súa orixe na Idade Media. O rei Carlos III, querendo facer rematar as rifas entre os burgos de Pamplona (Navarrería, San Nicolás e San Cernin), fixo público o Privilexio da Unión en 1423. Por medio deste tratado, as tres xurisdicións urbanas reuníronse nun só municipio, baixo escudo de armas e impostos únicos. Esa orde, ao mesmo tempo, ordenou a destrución dos límites físicos entre os tres burgos, aínda que as murallas non desapareceron.

Co paso do tempo esquecéronse eses conflitos. No campo situado entre os tres burgos, onde se atopa a actual praza, construíuse o Concello de Pamplona. En 1585 abriuse entre San Nicolás e San Cernin a Calle Nueva.

Sanfermines editar

A praza é coñecida internacionalmente polos Sanfermines. A praza é escenario do inicio das festas o día 6 de xullo ao mediodía co txupinazo e tamén do final das mesmas co "Pobre de mí", canción que despide as festas o 14 de xullo ás 12 da noite. Ademais, os encerros que se celebran cada mañá polas rúas da cidade pasan pola praza.

Galería de imaxes editar