Playa Blanca é unha localidade do municipio de Yaiza situada no extremo sur da illa canaria de Lanzarote (España). Trátase dun dos principais motores turísticos de Lanzarote e das Canarias, sendo o máis moderno da illa, así como o de máis rápido crecemento. Atópase fronte á illa de Fuerteventura, no chamado estreito da bocaina, e posúe un porto con conexións en transbordador a esta illa.

Playa Blanca
Coordenadas: 28°51′50″N 13°49′43″O / 28.863806, -13.828483
Playa Blanca
Castelo das Coloradas.

Está situada a 35 quilómetros do aeroporto de Guacimeta, e posúe a súa propia estación de guaguas. Playa Blanca ten unha ampla oferta de lecer e entretemento, con numerosas excursións e modalidades deportivas para a súa práctica, praias urbanas, centros comerciais, rúas peonís, pubs, discotecas e variada gastronomía nos seus numerosos restaurantes temáticos. Preto desta localidade atópanse as praias de Papagayo, de grande afluencia turística. Na localidade atópase o Castelo das Coloradas, unha torre de vixilancia construída entre 1741 e 1744.