Plataforma elevadora

Unha plataforma elevadora (en inglés, aerial work platform (AWP), aerial device ou elevating work platform (EWP)) é unha maquinaria autopropulsada para a elevación de persoal. Fai as funcións de andamiaxe móbil con máis seguridade e flexibilidade para os traballadores.

Plataforma elevadora en posición de traballo.

Historia editar

 
"Xirafa" JLG 660SJ.

As plataformas elevadoras actuais teñen a súa orixe na fundación en 1969 por John L. Grove dunha pequena empresa metalúrxica en McConnellsburg, Pennsylvania. Con 20 traballadores fundou JLG aerial work platform en 1970. Hoxe a empresa é unha das máis importantes do sector. En 2006 pasou a ser Oshkosh Corporation Company. Nos inicios a empresa tiña unhas vendas de 25 millóns de dólares, actualmente son 3.000 millóns de dólares[1].

Descrición editar

A plataforma de traballo ten sistemas de seguridade específicos, zonas de acceso á mesma para a entrada e saída de persoal da plataforma e unhas estritas normas de seguridade e uso: número de persoas que poden empregala á vez, carga máxima, altura de traballo ou avisos de risco de desnivel.

As máis empregadas son as plataformas autopropulsadas, semellantes a estadais con rodas. O sistema de elevación de tesoira e movemento das rodas é hidráulico. Poden ser eléctricas (a baterías) ou con motor diésel.

As chamadas xirafas tamén poden ser eléctricas ou diésel. Con elevación por brazos hidráulicos extensibles. Este tipo de maquinaria adoita empregarse en alugueiro. As empresas propietarias tamén levan o mantemento das mesmas.

As principais empresas do sector son:

Normativa de seguridade editar

En España, o uso deste tipo de maquinaria ríxese polo Real Decreto 2291/1985, para plataformas elevadoras móbiles de persoal (polas súas siglas en castelán PEMP). Este tipo de maquinaria autopropulsada e móbil está destinada ao seu uso por traballadores (non pode ser empregada por persoal sen formación específica) e para levar pequenas ferramentas ata a posición elevada de traballo. Os traballadores deben levar medidas de seguridade como arnés e casco.

Normativa aplicable en España editar

Real Decreto 1215/1997 directiva europea 89/655/CEE, normativa básica de seguridade.
Real Decreto 1627/1997 directiva europea 95/57/CE, normativa de uso.
O mantemento e inspeccións técnicas réxen pola norma UNE 58921. As máquinas constuidas despois de 1997 deben ter marcado CE e manual de instrucións.

Os traballadores que empregan estas plataformas deben ter formación e titulación en traballos en altura e curso específico en manexo de PEMP (Plataformas elevadoras móbiles de persoal). Só poden ser empregadas por dous traballadores simultaneamente e deben ir equipados con medidas de seguridade persoais específicas: casco (EN 397) e arnés (EN 361) que debe ir fixado aos puntos de ancoraxe da plataforma.

Notas editar

  1. Rental Management magazine, april de 2008.