Placa norteamericana

(Redirección desde «Placa Norte-americana»)

A Placa norteamericana é unha placa tectónica continental que cobre América do Norte, incluíndo a Groenlandia, parte do océano Glacial Ártico e o territorio siberiano ao leste da cordilleira Verkhoyansk. As placas coas que limita son:

A placa norteamericana aparece ao norte deste mapa, xusto no centro.

Límite editar

Nos tempos recentes (en termos xeolóxicos), a placa Norteamericana absorbeu, por proceso de subdución, a outras dúas placas. A placa de Kula, situada orixinariamente ao norte de onde hoxe está a placa Juan de Fuca que desapareceu por completo e a placa de Farallón. Esta última, que se esta afundindo dende o período Xurásico, ocupaba unha gran parte do leste da Placa Norteamericana e so cando comezou a desaparecer entraron en contacto coa placa pacífica e a norteamericana, dando lugar a diversos accidentes como a falla de San Andrés. A placa Juan de Fuca, a placa de Cocos e placa de Nazca son os restos que aínda quedan da antiga placa de Farallón.