O pit bull é un termo xenérico usado para agrupar diferentes razas ou cruzamentos da familia molosser, usados tradicionalmente para a loita de cans. Entre esas razas están o bull terrier o american staffordshire terrier, o american pit bull terrier ou o staffordshire bull terrier. O termo é usado con diferentes castes e cruzamentos entre as que presentan características físicas semellantes.

American Pit Bull Terrier

Características

editar

Ó non ser unha raza específica, senón un termo xenérico, non ten unhas características fixas, aínda que si unha aparencia xeral. Dependendo da raza ou cruzamento, poden pesar de 17 a 60 kg. De aspecto forte, musculatura desenvolvida, gran testa con masseters ben marcados, fociño folgado, orellas ás veces curtas e de case calquera combinación de cor en manto e ollos.

Antigamente o termo pit bull ou pit dog tamén foi utilizado para referirse ós cans que se criaban para loitar no foxo.


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.