Pistoia Basket 2000

O Pistoia Basket 2000, actualmente coñecido como Giorgio Tesi Group Pistoia por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Pistoia, Toscana. Fundado en 2000, actualmente compite na Serie A2 Basket, segunda categoría do baloncesto transalpino.

Giorgio Tesi Group Pistoia
Información xeral
Liga Serie A2
Fundación 2000
Cores           Vermello, branco
Presidente Italia Roberto Maltinti
Adestrador Italia Vincenzo Esposito
Patrocinador Giorgio Tesi Group
Localización
Cidade Italia Pistoia, Italia
Pavillón PalaCarrara
Capacidade 3 916
Inauguración 1988
pistoiabasket2000.com

Historia editar

O equipo nace como Libertas en tempos da posguerra, converténdose no Olimpia Basket Pistoia a mediados dos anos 1970. Acandan a Serie B en 1984, a Serie A2 en 1987 e finalmente a A1 en 1992,[1] chegando a participar na Copa Korać en 1997, onde chegaron aos oitavos de final. No ano 2000, tras non poder manterse por motivos económicos, o club reconstrúese partindo das categorías inferiores, coa nova denominación de Pistoia Basket 2000. Disputan a Serie B até 2007, cando logran o ascenso á Legadue, a vella segunda división italiana. En 2013, tras finalizar segundos na liga regular e gañar os play-off, os pistoiesi lograron o ascenso á Serie A.

Patrocinadores editar

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Cassa di Risparmio Pistoia (2002–2005)
  • Associazione Vivaisti Pistoiesi (2005–2006)
  • Power Dry Pistoia (2006–2007)
  • Carmatic Pistoia (2007–2010)
  • Tuscany Pistoia (2010–2011)
  • Giorgio Tesi Group Pistoia (2011–2016)
  • The Flexx Pistoia (2016–2018)
  • OriOra Pistoia (2018–2020)
  • Giorgio Tesi Group Pistoia (2020–presente)

Temporada a temporada editar

Temporada Nivel Liga Pos. Playoff Europa
2010–11 2 LegaDue 8
2011–12 2 LegaDue 2 Campión
2012–13 2 LegaDue 2 Subcampión  
2013–14 1 Serie A 8 Cuartofinalista
2014–15 1 Serie A 9
2015–16 1 Serie A 6 Cuartofinalista
2016–17 1 Serie A 7 Cuartofinalista
2017–18 1 Serie A 13
2018–19 1 Serie A 15
2019–20 1 Serie A 15
2020–21 1 Serie A2 16 Cuartofinalista

Palmarés editar

Competicións domésticas editar

  • Segunda División de Italia
    • Campións (1): 2013

Notas editar

  1. "Storia". Pistoia Basket. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar