Pirkkalan Pingviinit
Os Pirkkalan Pingviinit son un equipo de hóckey sobre xeo do municipio de Pirkkala, Pirkanmaa (Finlandia). Foi fundado en 1987 e actualmente compite na II-divisioona, a cuarta categoría do hóckey sobre xeo finés. Xoga os seus partidos como local no Pirkkalan jäähalli, un pavillón construído no ano 2000 e con capacidade para 1 000 persoas.
Pirkkalan Pingviinit | |
---|---|
Fundación | 1987 |
Cidade | Pirkkala, Pirkanmaa Finlandia |
Estadio | Pirkkalan jäähalli |
Liga | II-divisioona |
Propietario(s) | Pirkkalan Pingviinit ry |
Cores | Negro, amarelo e Branco |
Historia editar
Os Pingviinit naceron en 1987, cando un grupo de entusiastas do hóckey sobre xeo decidieron crear un equipo na localidade de Pirkkala. O día 4 de agosto dese mesmo ano celebrouse a reunión fundacional, á que asistiron 15 persoas e na que se elixiu o nome "Pingviinit" para o equipo, como o equipo dos Pittsburgh Penguins da National Hockey League (NHL).[1]
O maior logro do equipo ata 2022 tivo lugar en 2010, cando o equipo conseguiu o ascenso ao terceiro nivel do hóckey sobre xeo finlandés, a Suomi-sarja, onde permaneceu ata o seu descenso á II-divisioona en 2012.[2]
Personalidades editar
Xogadores editar
Capitáns do equipo editar
Nome(s) | Período |
---|---|
Janne Ansakorpi | 2005-06 |
Janne Ansakorpi | 2009 a 2011 |
Pauli Kontio | 2011-12 |
Joonas Lehtonen | 2012-13 e 2013-14 |
Tomi Pylvänäinen | 2013-14 |
Eetu Alhainen | 2014-15 |
Jussi Koskela | 2015-16 |
Arto Kekkonen | 2016-17 |
Jussi Koskela | 2017-18 |
Teemu Niemi | 2018- |
Xogadores destacados editar
Varios xogadores formados no club chegaron ao máis alto nivel do hóckey sobre xeo finlandés.
- Topias Haapanen[4]
- Patrik Puistola (primeiro equipo en Finlandia)[5]
- Mikko Sivonen[4]
- Sara Säkkinen[4]
- Olli Vainio (ata os dez anos)[6]
Adestradores editar
Nome(s) | Período |
---|---|
Pasi Silanne | 2005 a 2007 |
Jari Lehtivuori | 2010-11 |
Jarkko Palmroth | 2011 a 2013 |
Pasi Silanne | 2013-14 |
Jarkko Palmroth | 2015 a 2017 |
Jarkko Mattila | 2018- |
Notas editar
- ↑ "Seuran historia" (en finés). Pirkkalan Pingviinit. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2007. Consultado o 7 de xullo de 2022.
- ↑ "Pingviinit" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 7 de xullo de 2022.
- ↑ "Pingviinit - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 7 de xullo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Elite Prospects - Hockey Players from Pingviinit" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 7 de xullo de 2022.
- ↑ Pesonen, Jarmo (26 de decembro de 2017). "Pikkuleijonissa pelaa useita tunnettujen isien poikia – Torstaina he esittäytyvät savonlinnalaisyleisölle maaottelussa Tshekkiä vastaan". ita-savo.fi (en finés). Consultado o 7 de xullo de 2022.
- ↑ Herckman, Marko (10 de setembro de 2013). "Kapteeni Vainio lupaa taistelevan Ilveksen" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 7 de xullo de 2022.
- ↑ "Pingviinit - Team Staff History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 7 de xullo de 2022.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Sitio web oficial (en finés)