Pirataría en Somalia

A pirataría da costa de Somalia é unha ameaza para as embarcacións internacionais dende a segunda fase da Guerra Civil somalí, a comezos do século XXI.[1] Dende 2005, moitas organizacións internacionais expresaron a súa preocupación polo aumento en actos de pirataría.[2][3] A pirataría dificultou a entrega de envíos e aumentou os gastos de transporte, supoñendo uns custos estimados de 6,6$ a 6,9$ mil millóns nun ano en comercio global (2011) segundo "Oceans Beyond Piracy" (OBP).[4] Segundo o Instituto Alemán para a Invetigación Económica (DIW), unha auténtica industria de especuladores tamén xurdiu ó redor da pirataría. Empresas de seguros aumentaron significativamente os seus beneficios dende o comezo dos ataques piratas, xa que as empresas fixeron medrar as taxas en resposta.[5]

Mapa de áreas baixo ameaza por piratas somalís (2005–2010).

Notas editar

  1. Sanayo. Nacións Unidas Department of Public Information, Outreach, Division, ed. "Piracy in Somali Waters: Rising attacks impede delivery of humanitarian assistance". 
  2. International Maritime Organization (ed.). "Piracy: orchestrating the response". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2013. Consultado o 20 de decembro de 2016. 
  3. World Food Programme (ed.). "Hijackings cut aid access to south Somalia, lives at risk". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2013. Consultado o 20 de decembro de 2016. 
  4. Anna, Bowden. Oceans Beyond Piracy, ed. "The Economic Cost of Somali Piracy 2011" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de abril de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2016. 
  5. German-foreign-policy.com (ed.). "The Advantage of Piracy". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar