Pirámide ecolóxica

As pirámides ecolóxicas representan graficamente a estrutura trófica dun ecosistema, mediante rectángulos horizontais superpostos que nos informan das transferencias da enerxía dunha comunidade ata chegar ó último nivel trófico. Grazas ás pirámides tróficas pódese afirmar que o ciclo da enerxía é aberto,xa que os ecosistemas están atravesados por un fluxo de enerxía que se distribúe en varias frontes. O contrario ocorre co ciclo da materia,que é pechado. As pirámides ecolóxicas poden ser de tres tipos: de biomasa,enerxía e número.

Exemplo de pirámide ecolóxica.

Pirámide de biomasa editar

Tamén chamada “pirámide alimentaria”. É a representación gráfica por medio de rectángulos encimados de toda a biomasa dunha rede alimentaria. A base da pirámide está ocupada polos produtores ,é dicir,polas plantas en ecosistemas terrestres e por fitoplancto (algas microscópicas) e algas macroscópicas en medios acuáticos. No segundo chanzo superior están os consumidores primarios (animais herbívoros como vacas,ovellas,coellos,etc). O terceiro nivel está ocupado polos consumidores secundarios e así sucesivamente,ata chegar ó chanzo máis alto onde se sitúan os preeiros e grandes depredadores, como o cóndor e o humano, entre outros.

A pirámide de biomasa considera a cantidade de materia viva en cada nivel trófico. A medida que cada nivel se aparta da base diminúe a biomasa ou materia viva,xa que a biomasa vai decrecendo en progresións do 10%,que di que a enerxía que pasa dun elo a outro é aproximadamente o 10% da acumulada nel.

Estas pirámides poden presentarse como pirámides invertidas,nas cales o chanzo superior pode ter maior tamaño que o situado inmediatamente embaixo del.

As pirámides de biomasa exprésanse en peso sobre a superficie e por unidade de tempo, por exemplo: Quilogramos sobre hectáreas nun ano.

Pirámides de enerxía editar

 
Pirámide de enerxía

Expresan a produción neta de enerxía de cada nivel trófico, o que é o mesmo, a enerxía que queda en disposición dos animais que ocupan o seguinte chanzo. Polo xeral,estímase que cada nivel trófico obtén un 10% da enerxía presente no nivel inferior. Esta é a razón pola que as cadeas alimentarias non acostuman ser moi longas, xa que a enerxía dispoñible esgótase rapidamente. As pirámides de enerxía exprésanse en calorías ou quilocalorías sobre a unidade de superficie (hectárea,metro cadrado,centímetro cadrado,etc) e por unidade de tempo (meses ou anos)

Pirámides de números editar

O que se representa neste tipo de pirámides é o número de individuos de cada nivel trófico. Non aportan demasiada información, porque non teñen en conta o tamaño de cada individuo, tan so o número. Así, unha aciñeira contaría igual que unha papoula. Estas pirámides poden adoptar forma invertida, como nun bosque, onde os produtores son as árbores.


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.