Pinturas murais da conquista de Mallorca

pintura de anónimo

Pinturas murais da conquista de Mallorca (en catalán: Pintures murals de la conquesta de Mallorca) están formadas por un conxunto de tres plafóns de frescos que forman parte dun ciclo narrativo sobre a conquista de Mallorca polo rei Xaime I de Aragón. Con estas pinturas decorouse unha sala do Palau Aguilar –anteriormente Palau Caldes e actualmente sede do Museo Picasso–, localizado na cidade de Barcelona. Están datados de entre 1285 e 1290 e foron realizados por un pintor anónimo chamado "mestre da conquista de Mallorca. Estes frescos foron descubertos en 1961 no Palau Aguilar e trasladados o ano seguinte, para a súa conservación, no Museo Nacional de Arte de Cataluña de Barcelona, onde se atopan na actualidade.

Pinturas murais da conquista de Mallorca
ArtistaMestre da conquista de Mallorca
Data1285-1290
TécnicaFresco pasado a lenzo
LocalizaciónMuseo Nacional de Arte de Cataluña (Barcelona)

Tanto os feitos representados coma as personaxes que participaron, que foron identificadas co rei Xaime I, Guillerme II de Bearn, o conde Nunó Sanç I de Rosselló e Cerdanya ou o bispo Berenguer de Palou de Barcelona, foron extraídos de dous das Catro grandes crónicas: o Llibre dels fets (ou Crònica de Jaume I, 1213-1276) e da Crònica de Bernat Desclot (ou Llibre del rei en Pere e dels seus antecessors passats, 1283-1288).[1]

Notas editar

  1. Pagès 1993: p. 202

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar