Pilar Tejo Mora-Granados

enxeñeira naval española

Pilar Tejo Mora-Granados é unha das catro primeiras mulleres que en España obtiveron o título de Enxeñeira Naval.[1]

Modelo:BiografíaPilar Tejo Mora-Granados
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira naval Editar o valor en Wikidata
Premios
Premio Asociación de Ingenieros Navales y Oceánicos (AINE) 2009

Dialnet: 3002920

Traxectoria

editar

Pilar Tejo Mora-Granados é directora técnica da Asociación Española de Fomento del Transporte Marítimo de Corta Distancia (SPC-España),[2] tamén é socia-directora da empresa Teirlog-Ingeniería, especializada en consultoría e enxeñería de transportes e loxística, que conta con profesionais especialistas no sector da enxeñaría naval.[3]

Ademais, Pilar Tejo Mora-Granados foi a directora de Salvamento Marítimo.[4]

Foi a primeira muller en recibir o Premio AINE, concedido pola Asociación de Enxeñeiros Navais, en 2009, na categoría de Enxeñeiro Naval con Traxectoria máis Destacada durante o ano 2009. Este galardón foi entregado en recoñecemento ao seu labor como directora xeral de Salvamento Marítimo durante máis de cinco anos, e aos logros acadados durante ese tempo no Plan Nacional de Salvamento 2006-2009, para mellorar o servizo de salvamento e loita contra a contaminación e previr situacións de emerxencia no mar.[5]

Ano no que tamén foi Directora Executiva de Portos, Loxística e Transporte Marítimo.[6]

Ademais do seu labor dentro do sector, tamén imparte relatorios e charlas formativas e de orientación en diferentes institucións, tanto públicas como privadas, como a que se celebra no Ateneo de Madrid, ao abeiro da Fundación Philippe Cousteau “Unión de los Océanos" o 19 de xuño de 2007.[7]

  1. Así son las ingenieras españolas. García-Valdecantos, Esther. 24 de outubro de 2015 El Mundo.es Consultado 12 de xaneiro de 2017
  2. SSS: UNA REALIDAD QUE ENFRENTA NUEVOS DESAFÍOS. Revista del sector marítimo. Ingeniería naval Consulta 12 de xaneiro de 2017
  3. La UDC celebró en Ferrol el acto de homenaje a las mujeres. Diario de Ferrol, 10 de marzo de 2016 Consulta 12 de xaneiro de 2017
  4. Marina Civil. Nº 86. ISSN 0214-7238 Páxina 4. Salvamento Marítimo Consulta 12 de xaneiro de 2017
  5. Memoria de actividades 2010 Asociación de ingenieros navales y oceánicos de España Arquivado 11 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. Consulta 12 de xaneiro de 2017
  6. ENTREGA DE LOS PREMIOS AINE 2009 Clúster marítimo español Consulta 12 de xaneiro de 2017
  7. LAS FUNDACIÓN APADRINA EN EL ATENEO LA CONFERENCIA DE PILAR TEJO, DIRECTORA DE SASEMAR. Fundación Philippe Cousteau “Unión de los Océanos” Arquivado 08 de decembro de 2021 en Wayback Machine. Consulta 12 de xaneiro de 2017

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar