Pilar Ruiz-Lapuente

astrofísica catalá

Pilar Ruiz-Lapuente, nada en Barcelona18 de maio de 1964, é unha astrofísica catalá que desenvolve actividades académicas como profesora na Universidade de Barcelona.

Pilar Ruiz-Lapuente
Nacemento18 de maio de 1964
Lugar de nacementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona
Ocupaciónastrónoma, astrofísica e profesora universitaria
PremiosPrêmio Gruber de Cosmologia e Fundamental Physics Prize
Na rede
Dialnet: 38459
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

En 1998, foi unha dos membros do Supernova Cosmology Project, que determinou o descubrimento de que continúa a aceleración da expansión do Universo.[1] E en 2004, liderou o grupo de traballo, que descubriu a estrela acompañante dunha anana branca que resultou na famosa supernova SN 1572, observada entre outros, por Tycho Brahe.[2] En 2012, estudou con Jonay Gonzalez-Hernadez e outros colaboladores o campo da supernova histórica SN 1006. O seu traballo suxire que esta supernova vén da fusión de dúas ananas brancas.

En xeral, o método suxerido por Ruiz-Lapuente tivo gran repercusión e aplicouse tamén a remanentes de supernovas na Large Magallanic Cloud como no caso de Schaefer e Pagnotta onde tamén se puideron descartar proxenitores evolucionados e nun caso suxeriuse a fusión de ananas brancas como proxenitor da SNR 0509-67.5.

Notas editar