Abrir o menú principal

Pilar Cernuda

xornalista galega
(Redirixido desde "Pilar García-Cernuda Lago")

Pilar García-Cernuda Lago Calleja Fernández, nada en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1948[1], é unha xornalista galega.

Pilar Cernuda
Pilar Cernuda (cropped).jpg
Pilar Cernuda en 2007.
Nome completoPilar García-Cernuda Lago Calleja Fernández
Nacemento29 de xullo de 1948
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Tras finalizar os seus estudos de Xornalismo en Madrid, iniciou a súa carreira profesional en 1975 e durante anos lle correspondeu o seguimento das actividades da Casa Real. Máis adiante, trasladouse a Nova York dende onde exerceu de correspondente do xornal ABC. Nos seguintes anos traballaría en Radio Nacional de España, a Cadena COPE e Televisión Española, tanto no espazo de entrevistas Centros de poder (1994-1995), xunto a Julia Navarro, como no informativo matinal Los desayunos de TVE).

Especializada en información política, nos últimos anos seguiu colaborando en distintos medios tantos escritos coma radio e televisión. Participa na tertulia do programa Herrera en la onda de Onda Cero (cadea á que se incorporara en 1993) e nos programas de televisión Espejo público de Antena 3 e Alto y Claro e Madrid opina de Telemadrid. Ademais escribe na revista Cambio 16 e no xornal La Razón. Tamén dirixe a Axencia de novas Fax Press..

Libros publicadosEditar

GalardónsEditar

  • Premio Diego Bernal en 2012.

NotasEditar

Véxase taménEditar