Pilar Franco Bahamonde, nada en Ferrol o 27 de febreiro de 1895 e finada en Madrid o 6 de xaneiro de 1989, foi unha muller galega, coñecida por ser irmá do ditador Francisco Franco Bahamonde.

Pilar Franco
Nome completoPilar Franco Bahamonde
Nacemento27 de febreiro de 1895
 Ferrol
Falecemento6 de xaneiro de 1989
 Madrid
NacionalidadeEspaña
PaiNicolás Franco Salgado-Araújo
NaiPilar Bahamonde
IrmánsNicolás Franco, Ramón Franco e Francisco Franco
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Filla de Nicolás e Pilar, foi a terceira de cinco irmáns: Nicolás, Ramón, ela, María de la Paz e Francisco Franco. Estudou Maxisterio, e en 1914 casou co militar Alfonso Jariaíz Jerez, co quen tivo 10 fillos, enviuvando cando o menor deles tiña 10 meses. Durante un tempo traballou como relacións públicas.

Finou por mor dun derramo cerebral, e foi soterrada no Cemiterio da Almudena de Madrid[1].

Escribiu o libro Nosotros, los Franco (1980), no que contaba detalles da vida familiar.

NotasEditar