Pilar Careaga

política española e primeira enxeñeira titulada de España

María del Pilar Careaga Basabe, nada en Madrid o 26 de outubro de 1908 e finada na mesma cidade o 10 de xuño de 1993, foi unha política española, alcaldesa de Bilbao durante o franquismo e a primeira enxeñeira titulada de España.

Infotaula de personaPilar Careaga

(1932) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Pilar Careaga Basabe Editar o valor em Wikidata
26 de outubro de 1908 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xuño de 1993 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 28 de xullo de 1975 – José Luis Berasategui Goicoechea (en) Traducir →
Procurador en Cortes
2 de abril de 1970 – 12 de novembro de 1971
← Javier Ybarra Bergé (en) Traducir
Alcaldesa de Bilbao
7 de xullo de 1969 – 7 de xullo de 1975
← Javier Ybarra Bergé (en) TraducirJosé Luis Berasategui Goicoechea (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalacio Eguzkialde (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Cardenal Cisneros Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , enxeñeira Editar o valor em Wikidata
Partido políticoRenovación Española Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiPedro Careaga de la Quintana Osante (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPedro Careaga Basabe Editar o valor em Wikidata
ParentesMaría del Carmen Careaga Salazar (en) Traducir (sobriño)
María de la Concepción Careaga Salazar (en) Traducir (sobriño) Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Pertencía a unha familia da burguesía financeira e industrial de Neguri. Era filla do diplomático biscaíño Pedro González de Careaga y Quintana, conde de Cadagua, e de Concepción Basabe y Zubiría. En 1929 foi a primeira muller española en licenciarse en enxeñaría industrial na Escola de Enxeñeiros Industriais de Madrid, así como a primeira muller que conduciu un ferrocarril.[1] Tamén obtivo o título de patrón de embarcacións de recreo.

Durante a Segunda República Española militou en Renovación Española de José Calvo Sotelo xunto a José Félix de Lequerica Erquiza, José María de Areilza, Ramiro de Maeztu e Antonio Goicoechea, e impulsou a revista Acción Española, inspirada nas ideas de Charles Maurras e do tradicionalismo español. Foi candidata de Renovación Española por Biscaia ás eleccións xerais de España de 1933, onde obtivo o 14% dos votos pero non escano.

Ao comezo da Guerra Civil española atopábase en Bilbao, onde foi encarcerada na prisión de Larrinaga polas autoridades republicanas. O 11 de setembro de 1936 foi intercambiada xunto con 150 presos franquistas máis a cambio dos nenos dunha colonia escolar bilbaína en Laguardia (A Rioxa Alavesa). Marcha a Valladolid e desde alí á fronte de Madrid, onde foi delegada de Asistencia á fronte e Hospitais da Falange Española Tradicionalista y de las JONS e organiza a asistencia a feridos franquistas.[2] Ao acabar a guerra foi condecorada polas autoridades franquistas e establécese en Bilbao, onde se adicou ás tarefas de asistencia e beneficencia sendo vicepresidenta da Xunta de Protección de Menores e vicepresidenta (1958) e vicepresidenta (1965) da Xunta Provincial de Beneficencia.

O 23 de outubro de 1943 casou co enxeñeiro Enrique de Lequerica Erquiza (1892-1987), irmán do alcalde de Bilbao José Félix de Lequerica, con quen viviu no palacio de Neguri desde 1957. En 1959 foi membro da Real Sociedade Bascongada de Amigos do País. En 1964 foi nomeada conselleira do Consello Provincial do Movemento Nacional, sendo a primeira deputada provincial de Biscaia (1964-1969), e presidindo a comisión de beneficencia e obra social.

O 7 de xullo de 1969 substituíu a Javier Ybarra Bergé como alcalde de Bilbao, sendo a primeira muller en ocupar unha alcaldía durante a ditadura franquista.[3] En 1970 tamén foi escollida como procuradora en Cortes.[4] Durante o seu mandato enfrontouse á insuficiencia de infraestruturas de tráfico e comunicacións, agravada pola falta de recursos económicos municipais. Tamén condecorou en nome da vila de Bilbao a todas as persoas que sufriran atentados de ETA, incluído o almirante Luis Carrero Blanco.

Dimitiu como alcaldesa o 7 de xullo de 1975 e abandonou a política activa, a pesar de dar apoio a organizacións de extrema dereita e participar na fundación de Fuerza Nueva. O 25 de marzo de 1979 sufriu un atentado de ETA en Guecho, que a feriu gravemente no pulmón e aínda que se recuperou, quedáronlle secuelas.[5][6] Instalouse entón en Madrid. Morreu nunha clínica de Madrid debido a complicacións hepáticas.

O 28 de outubro de 1970 recibiu a gran cruz da Orde de Cisneros, concedida o 18 de xullo polo Goberno.[7]

Notas editar

  1. "La primera mujer maquinista". Treneando (en castelán). 8 de xaneiro de 20009. 
  2. Juan José Alzugaray Aguirre. Vascos relevantes del siglo XX. pp. 75–77. 
  3. "Pilar Careaga, la primera alcaldesa de Franco fue la primera ingeniera y maquinista de España". El Español (en castelán). 2020-06-30. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2021. Consultado o 2021-04-21. 
  4. Martín, Francisco Javier González (2013). "Pilar Careaga y Basabe (1908-1993): feminismo católico y militancia política en el franquismo". Aportes: Revista de historia contemporánea 28 (81): 159–189. ISSN 0213-5868. 
  5. "La ex-alcaldesa de Bilbao, en estado grave". La Vanguardia. 27 de marzo de 1979. 
  6. "Bilbao: el estado de Pilar Careaga continúa siendo grave". ABC. 27 de marzo de 1979. 
  7. "Imposición de la Gran Cruz de la Orden de Cisneros a Doña Pilar Careaga". La Gaceta del Norte. 29 de outubro de 1970. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  • Biografía na páxina web da Real Academia de la Historia