Pilar Bahamonde
Pilar Bahamonde y Pardo de Andrade nada en Ferrol o 15 de outubro de 1865 e finada en Madrid o 28 de febreiro de 1934, foi unha muller galega da burguesía ferrolá, nai do ditador Francisco Franco.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María del Pilar Bahamonde y Pardo de Andrade 15 de outubro de 1865 Ferrol, España |
Morte | 28 de febreiro de 1934 (68 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Nicolás Franco Salgado-Araújo (1890–) |
Fillos | Nicolás Franco, Pilar Franco, Francisco Franco, Ramón Franco |
Pais | Ladislao Bahamonde y Ortega (en) e Maria del Carmen Pardo de Andrade y Pardo de Andrade (en) |
Traxectoria editar
O seu pai era Ladislao Bahamonde Ortega (1836-1926), oficial primeiro do Corpo Administrativo da Armada Española e a súa nai era Carmen Pardo de Andrade y Pardo de Andrade (1838-1908). Casou o 24 de maio de 1890 en Ferrol con Nicolás Franco Salgado-Araujo (1856-1942). Tiveron cinco fillos: Nicolás Franco Bahamonde (1891-1977), Francisco Franco Bahamonde (1892-1975), Pilar Franco Bahamonde (1895-1989), Ramón Franco Bahamonde (1896-1938) e María de la Paz Franco Bahamonde (1899-1903).[1][2]
O seu marido Nicolás era un librepensador e tiña fama de mullereiro, amigo das festas e as partidas de cartas no club de oficiais[Cómpre referencia]. En 1907 abandonou o fogar familiar. Pilar era conservadora, moralista e católica practicante.
Notas editar
- ↑ "Pilar Bahamonde Pardo de Andrade".
- ↑ "María del Pilar Teresa Dolores Bahamonde y Pardo de Andrade". geni_family_tree (en inglés). Consultado o 2021-03-29.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pilar Bahamonde |