Pikara Magazine

revista feminista

Pikara Magazine é unha revista dixital de divulgación da teoría e a práctica feminista, que incorpora a perspectiva de xénero na concepción do traballo xornalístico dos medios de comunicación. É un proxecto que naceu en 2010 da asociación EME Komunikazioa. Foi fundada polas xornalistas vascas Itziar Abad, June Fernández Casete, Lucía Martínez Odriozola e Maite Asensio.

Pikara Magazine
Logo
Tipopublicacion periódica e revista dixital
Campo de traballofeminismo
Data de fundación2010
Fundador(es)June Fernández e Lucía Martínez Odriozola
SedeBilbao
PaísEspaña
43°15′27″N 2°55′41″O / 43.257373613129, -2.9281027967352
Na rede
http://www.pikaramagazine.com/
Facebook: pikaramagazine Twitter: pikaramagazine Instagram: pikara_magazine Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Pikara Magazine pertence a un novo tipo de comunicación xornalística impulsada por mozos feministas, que pretende abarcar todos aqueles temas que se exclúen dentro do xornalismo tradicional consciente ou inconscientemente sexista. Tenta mostrar as desigualdades de xénero co fin de conseguir unha transformación social. Tamén analizan cuestiones tabú ou prexuizosas como poden ser a sexualidade, a intersexualidade, a gordofobia, e a exaculación feminina, entre outras. Sen deixar de lado artigos e reportaxes de actualidade examinados desde unha visión de xénero.[1][2]

Non vai destinada especificamente a mulleres, senón a todas aquelas persoas que busquen desafíos intelectuais desde un enfoque crítico e transformador da realidade. Comezou no País Vasco e agora abarca a toda España e América Latina.[2]

As súas publicacións web son mensuais e complétanse cunha tirada anual en papel que se sostén mediante mecenado. Dentro da súa publicación web podemos gozar de reportaxes, artigos de opinión, expresións artísticas, noticias de actualidade, xunto con enlaces a outros medios audiovisuais feministas aos que acceder en Internet. Tamén dispón dunha axenda de actividades feministas chamada La Almanaka,[3] que tenta ser un espazo de difusión para as actividades feministas que se realizan en todo o país, co obxectivo de difundir o movemento feminista.[4]

Aparecen espazos de Pikara Magazine noutros medios como eldiario.es, dentro do apartado de opinión e blogs, denominado +Pikara. Igualmente, ten acordos con Diagonal e La Directa.[5]

Algunhas publicacións de Pikara Magazine recibiron diversos premios recoñecidos como o Premio de Xornalismo Colombine (Asociación de Xornalistas de Almería),[6] o Premio Xuntos contra a Discriminación (Unión Europea) polo artigo "¿Será niño o niña?’" publicado no ano 2010 (o primeiro artigo que se publicou na revista, e cuxa autora é June Fernández Casete)[7] e o Premio Manuel do Castelo (Universidade de Valencia) e dúas dos Premios Enfoque (participación cidadá) outorgados ao magazine.[8]

En marzo de 2017 Pikara Magazine recibiu o Premio Apoderamento e Cambio de Valores na Segunda edición dos premios Zirgari Sariak de BBK e a Deputación Foral de Biscaia.[9]

Notas editar

  1. Pikara Magazine o cómo hacer periodismo feminista. Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo. 2015.
  2. 2,0 2,1 Mapa de Estrategias Feministas. Mugarik Gabe. Estrategias Femeninas.
  3. La Almanaka. Agenda de actividades feministas de Pikara Magazine.
  4. Presentación «Pikara Magazine», 4º round!. Diagonal. 23 de decembro de 2016.
  5. +Pikara. eldiario.es.
  6. June Fernández, ganadora del II Premio de Periodismo Colombine. Federación de Asociaciones de Periodistas de España. 3 de abril de 2013.
  7. «10 INGOBERNABLES. HISTORIAS DE TRANSGRESIÓN Y REBELDIA» DE JUNE FERNÁNDEZ. Traficantes de sueños. Ouctubro de 2016.
  8. La III Edición de los Premios Enfoque. Coordinadora de Organizaciones de Cooperación al Desarrollo. 3 de febreiro de 2016.
  9. Hacia la igualdad real. El Correo. 8 de marzo de 2017.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar