Pihhuniya (segunda metade do século -XIV) foi reis dos kaskas, o único rei coñecido que tivo esta xente.

Un xefe kaska chamado Pihhuniya da terra de Tipiya, unificou as tribos kaskas e proclamouse rei. Pihhuniya iniciou os ataques cos que logrou o dominio da Terra Alta Hitita e da cidade de Istitina, que foi "pasto dos rabaños kaska". O rei hitita Mursilis II esixiu ao rei a evacuación dos territorios ocupados, pero non foi escoitado, e Mursilis marchou á Terra Alta Hitita e atacou ao rei kaska, expulsándoo de alí e recuperando os territorios conquistados; os kaskas retiráronse seguindo unha política de terra queimada: cidades e campos quedaban desolados, pero Mursilis pacientemente reconstruíunas; o rei chegou a Tipiya, cidade capital dos kaska, que queimou. Pihhuniya foise axeonllar aos pés do rei e foi levado a Hattusa. A súa sorte final descoñécese.