Pieter Saenredam

pintor neerlandés

Pieter Jansz Saenredam, nado en Assendelft o 9 de xuño de 1597 e soterrado en Haarlem o 31 de maio de 1665, foi un pintor neerlandés, especializado na pintura de igrexas. Saenredam era o nome naquela altura da actual cidade holandesa de Zaandam.

Pieter Saenredam
Pieter Saenredam by Jacob van Campen.jpg
Nacemento9 de xuño de 1597
Lugar de nacementoAssendelft
Falecemento31 de maio de 1665
Lugar de falecementoHaarlem
NacionalidadePaíses Baixos
Ocupaciónpintor, debuxante e artista gráfico
PaiJan Saenredam
Coñecido porInterior of the Cunerakerk in Rhenen, The Mariaplaats with the Mariakerk in Utrecht e Interior of the Church of St Bavo in Haarlem
Na rede
Musicbrainz: 9aea1027-3ba3-4f79-8c84-2fd1c74f04c6 Discogs: 2433409 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Debuxo de Pieter Jansz Saenredam: Vista do interior da sede de Utrecht.

TraxectoriaEditar

Pieter Jansz Saenredam era fillo do impresor e debuxante de mapas Jan Saenredam, con quen se iniciou na arte. Desde 1612 ata 1622 foi discípulo e axudante do pintor Pieter de Grebber. Logo de 1623 traballou como pintor independente. Despois para o seu amigo, o arquitecto Jacob van Campen, pintou vistas arquitectónicas. No seu repertorio figuran vistas interiores e exteriores de igrexas do Norte holandés. Saenredam viviu en ’s-Hertogenbosch, Assendelft, Alkmaar, Utrecht, Ámsterdam e Rhenen, pero principalmente traballou en Haarlem, onde faleceu en 1665.

Método de traballoEditar

Contemporáneo de Rembrandt, é lembrado pola sorprendente modernidade das súas pinturas de igrexas. Saenredam conseguía ese aspecto tan moderno coas súas medicións meticulosas e cos esbozos previos que facía dos templos que desexaba pintar. Utilizaba lapis, pluma e xiz, aos que engadía acuarela que axudaba a obter a textura e colorido nos esbozos, os cales eran moi minuciosos nos detalles arquitectónicos. Conseguía a atmofera especial dos interiores cun intelixente uso da luz e unha distribución gradual das sombras. De modo deliberado, Saenredam deixaba as igrexas baleiras de xente, para lograr que o foco de atención do espectador se dirixise sobre os edificios e as súas formas arquitectónicas. Só despois do elborado traballo de medicións e precisos debuxos das igrexas, o pintor regresaba ao seu estudo onde creaba as pinturas.

Obras principaisEditar

Consérvanse en total arredor de 50 pinturas de Saenredam. Velaí as principais:

  • Interior da Nieuwe Kerk (Igrexa Nova) de Haarlem, 1652 (ver imaxe).
  • Interior do Coro de Sint Bavokerk (San Bavón) de Haarlem, tinta sobre papel, Schlossmuseum, Weimar.
  • Interior de Sint Bavokerk de Haarlem, 1628, papel, Museo Real de Belas Artes, Bruxelas.
  • Interior de Sint Bavokerk de Haarlem, 1630, óleo sobre madeira, Museo do Louvre, París.
  • Interior de Sint Bavokerk de Haarlem, 1648, óleo sobre táboa, National Gallery of Scotland, Edimburgo.
  • Interior de Sint Odulphuskerk (San Olafo) en Assendelft, óleo sobre táboa, Rijksmuseum, Ámsterdan.
  • Interior do Coro Sint Bavokerk de Haarlem, 1660, óleo sobre madeira, Worcester Art Museum, Worcester, Inglaterra.
  • Interior da Nieuwe Kerk (Igrexa Nova) de Haarlem, 1652, táboa, Museo Frans Hals, Haarlem
  • Interior da Buurkerk (Igrexa Veciñal) en Utrecht, 1644, óleo sobre madeira, National Gallery, Londres.
  • Interior de Sint Jacobkerk (Igrexa de Santiago) de Utrecht, 1642, óleo sobre madeira, Alte Pinakothek, Múnic.
  • De Buurkerk te Utrecht (A Igrexa Veciña de Utrecht), 1654, óleo sobre madeira, Colección Six, Ámsterdan.
  • Interior de Sint Janskerk (Igrexa de San Xoán) de Utrecht, óleo sobre madeira, Museum Boijmans Van Beuningen, Rotterdam.
  • Het Oude Raadhuis (A Casa Vella do Concello) en Amsterdam, 1657, óleo sobre madeira, Rijksmuseum, Ámsterdan.
  • Interior da Grote Kerk (Igrexa Grande) en Alkmaar, 1661, tinta e acuarela, Graphische Sammlung Albertina, Viena.