Piazza della Repubblica de Roma

praza en Roma, Italia

Coordenadas: 41°54′09″N 12°29′47″L / 41.90250, -12.49639

Piazza della Repubblica é unha praza semicircular de Roma, no cumio do monte Viminal, próximo á estación de Termini. Nela atópase a basílica de Santa Maria degli Angeli e dei Martiri. Dende a praza comeza unha das rúas principais de Roma, Via Nazionale.

A fonte das náiades na Piazza della Repubblica.

O antigo nome da praza, Piazza dell'Esedra, aínda común no presente, provén da exedra das termas de Diocleciano, que dan á praza a súa forma. Os pórticos que arrodean a praza foron construídos en 1887–98 por Gaetano Koch, en lembranza dos antigos edificios do lugar, mentres que a basílica de Santa Maria degli Angeli e dei Martiri que se atopa na praza está construída sobre unha das zonas das termas (o seu arquitecto Michelangelo empregou o tepidarium como unha das áreas do seu plano de cruz grega).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Touring Club Italiano, Roma, collana L'Italia (red guide), Roma 2004
  • Willy Pocino, Le curiosità di Roma, Newton & Compton Editori, Roma 2004, ISBN 88-541-0010-2