Foca de Groenlandia

(Redirección desde «Phoca groenlandica»)

A foca de Groenlandia[Cómpre referencia] (Pagophilus groenlandicus) é un mamífero pertencente á familia dos fócidos.

Foca de Groenlandia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Superfamilia: Pinnipedia
Familia: Phocidae
Xénero: Pagophilus
Especie: P. groenlandicus
Nome binomial
Pagophilus groenlandicus
Erxleben, 1777

Sinonimia

Phoca groenlandica

Características editar

Os machos poden acadar ata os 220 centímetros e os 220 kg de peso. As femias son máis pequenas, raramente chegan ós 185 cm e ós 180 kg. O pelame é entre gris e amarelo, coa rexión do abdome gris prata. As crías teñen un pelame branco e sedoso, que ó cabo dunha semana comeza a caer para a primeira muda. É este pelame branco ó que atrae ós peleteiros, que cazan moitas destas crías. É unha especie sociable que vive en pequenos grupos. Son moi nómades e realizan grandes migracións a través dos xeos flotantes.

Distribución editar

Presente por todo o Atlántico norte e o océano Ártico.

Notas editar

  1. Kovacs, K. (2008). "Pagophilus groenlandicus". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 29 January 2009. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.