Phillis Wheatley

poeta afroamericana

Phillis Wheatley, nada en África Occidental en 1753 e finada en Boston (Massachusetts) o 5 de decembro de 1784, foi unha escritora afroamericana, a primeira en publicar un libro nos Estados Unidos. A súa obra Poems on Various Subjects foi publicada en 1773, dous anos antes de que comezase a Guerra de independencia dos Estados Unidos, e está considerada un dos primeiros exemplos da literatura de xénero afro.

Phillis Wheatley
Phillis Wheatley frontispiece.jpg
Nacemento1753
 Senegal
Falecemento5 de decembro de 1784
 Boston
Causapuerperal disorder
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
Relixióncongregacionalismo
Ocupaciónpoeta e escritora
Coñecido/a porPoems on Various Subjects, Religious and Moral
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu no actual Senegal, e instalada no que sería Gambia, foi capturada e sometida á escravitude cando tiña sete anos. Foi levada a América preto de 1760, e John e Susannah Wheatley, de Boston, comprárona e foi convertida ao cristianismo. A familia de mercadores aseguráronse de que a moza intelectualmente dotada recibise unha boa educación, incluíndo estudos de latín, grego, mitoloxía e Historia. Pronto dominaría o inglés, co seu primeiro poema publicado cara a 1767 con 13 anos, no Newport Mercury. Despois publicou outras obras líricas.

En 1770 escribiu un tributo poético sobre a morte do calvinista George Whitefield, que lle foi merecedor dunha aclamada popularidade en Boston. A súa poesía foi admirada por moitas das figuras imperantes da Revolución Norteamericana, inclusive George Washington, quen se referiu a ela polo seu "gran Xenio poético" e agradeceulle persoalmente por un poema que escribiu na súa honra. Mais esta admiración non era universal. Por exemplo, Thomas Jefferson estaba dentro dos críticos máis duros da súa poesía.

A poesía de Wheatley xira ao redor de temas cristiáns, con moitos poemas dedicados a personalidades famosas. Escasa vez menciona a súa propia situación nos poemas que escribe. Un dos poucos que tratan a escravitude é "On being brought from Africa to America".

Debido a que moita xente branca atopaba difícil de crer que unha muller negra puidese ser tan intelixente como para escribir poesía, en 1772 debeu defender a súa capacidade literaria na corte. Foi examinada por un grupo de intelectuais de Boston, entre eles John Erving, o reverendo Charles Chauncey, John Hancock, Thomas Hutchinson, o gobernador de Massachusetts, e o seu tenente gobernador Andrew Oliver. Concluíron que, de feito, ela era a autora dos poemas atribuídos e asinaron un certificado que foi publicado no prefacio ao seu libro de Poems on Various Subjects, Religious and Moral, editado en Aldgate (Londres) en 1773. O traballo foi publicado en Londres porque a editorial en Boston negouse a aceptalo. Phillis e o fillo do seu señor, Nathanial Wheatley, foron a Inglaterra, onde Selina, a Condesa de Huntingdon e o Conde de Dartmouth a axudaron con incentivos económicos.

Algúns críticos citan a exitosa defensa de Wheatley da súa poesía en corte e a publicación do seu libro como o primeiro recoñecemento oficial da literatura afroamericana. En 1778, o poeta afroamericano Jupiter Hammon compuxo unha oda a Wheatley.

Tras a morte de John e Susannah Wheatley, Phillis casou con John Peters, un negro liberto que traballaba vendendo verdura. Logo de que o seu marido a abandonase, realizou tarefas domésticas como serventa. Nin o traballo duro nin a súa habilidade artística lle trouxeron prosperidade, e morreu aos 31 anos sumida na pobreza, e morrendo o seu terceiro fillo unhas horas despois. Non se atopou un segundo volume de poesía no que se atopaba traballando.

ObraEditar

 
Poems on Various Subjects, Religious and Moral, 1773
  • Poems on Various Subjects, Religious and Moral (1773)
  • An Elegy, Sacred to the Memory of the Great Divine, the Reverend and Learned Dr. Samuel Cooper, Who Departed This Life December 29, 1783
  • Memoir and Poems of Phillis Wheatley, a Native African and Slave (Boston, 1834)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • American Literature to 1900 vol. I, de Teresa Gibert, Centro de Estudos Ramón Areces, Madrid

Ligazóns externasEditar