Philippe Lebon

enxeñeiro francés

Philippe Lebon (29 de maio de 17671 de decembro de 1804, foi un inventor, enxeñeiro e químico francés, inventor do gas de iluminación.

Modelo:BiografíaPhilippe Lebon

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1767 Editar o valor en Wikidata
Brachay, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte1 de decembro de 1804 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
former 8th arrondissement of Paris, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónÉcole Nationale des Ponts et Chaussées (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninventor, enxeñeiro, químico Editar o valor en Wikidata

Naceu en Brachay, estudou na Escola de Enxeñería de Pontes e Camiños de París rematando en 1789 e foi profesor de mecánica na de París. Estudou as propiedades do gases de destilación da madeira, utilizándoas para a iluminación e a calefacción. Patentou en 1799 a thermolampe e en 1801 alugou unha casa onde realizaba demostracións públicas de como podía iluminar por medio do gas cidade a casa coa intención de conseguir investidores para fundar unha compañía que desenvolvese o seu invento. Ó non ser capaz de conseguilo volveu ás súas clases, aínda que o goberno francés lle deu unha concesión forestal para que investigase coa manufactura de alcatrán a partir da madeira para a súa utilización pola mariña.

Debuxo da "thermolampe" que figura na súa patente