Philip Kotler
Philip Kotler, nado o 27 de maio de 1931 en Chicago, Illinois, é un autor de mercadotecnia, consultor e profesor estadounidense. É o autor de medio cento de libros sobre mercadotecnia, incluídos Principles of Marketing, Kotler on Marketing: How to Create, Win, and Dominate Markets, e Marketing 3.0: From Products to Customers to the Human Spirit. Kotler describe a mercadotecnia estratéxica como "a ligazón entre as necesidades da sociedade e o seu patrón de resposta industrial".
Philip Kotler | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de maio de 1931 |
Lugar de nacemento | Chicago |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Harvard Business Publishing, Universidade de Chicago, Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, DePaul University e Universidade Harvard |
Ocupación | economista, matemático, escritor, profesor universitario e empresario |
Premios | honorary doctor of the University of Zurich, honorary doctor of the University of Vienna, doutor honoris causa pola universidade Xaguelónica de Cracovia, doutor honoris causa pola Universidade de Atenas, honorary doctorate of Taras Shevchenko National University of Kyiv, honorary doctor of Stockholm University, honorary doctor of the University of Bucharest e honorary doctor of the Eötvös Loránd University |
Na rede | |
![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2014.) |
Visión da mercadotecniaEditar
Kotler comezou a ensinar mercadotecnia no ano 1962 no Kellogg School of Management, na Universidade Northwestern. Cría que a mercadotecnia era unha parte esencial da economía e vía á demanda influenciada non só polo prezo senón tamén pola publicidade, as promocións, os vendedores, o correo directo, e varias institucións (axentes, distribuidores, grosistas...) operando como canles de distribución.
Kotler sostén:
"A tarefa da organización da mercadotecnia é determinar as necesidades, desexos e intereses dos mercados obxectivo e acadar os resultados desexados con máis eficacia e eficiencia que os competidores, dun xeito que preserve ou mellore o benestar do consumidor ou a sociedade".