Phil Spector

Produtor e compositor estadounidense

Phillip Harvey "Phil" Spector, nado como Harvey Phillip Spector o 26 de decembro de 1939 no Bronx en Nova York[1] e finado o 16 de xaneiro de 2021,[2] foi un produtor e compositor estadounidense.

Phil Spector
Nome completoHarvey Phillip Spector
Data nacemento26 de decembro de 1939 (83 anos)
Nado enNova York
Falecemento16 de xaneiro de 2021
 Stockton
CausaCOVID-19
CónxuxeRonnie Spector
Ocupaciónprodutor musical, compositor e compositor de cancións
Instrumento(s)guitarra, piano
Tempo en activo1958 - 2009
Na rede
https://www.philspector.com
IMDB: nm0817489 Allocine: 35368 IBDB: 74085
Facebook: philspector Spotify: 3jVMgT4X7YeuYE4aludcmE iTunes: 182885 Musicbrainz: e7b587f7-e678-47c1-81dd-e7bb7855b0f9 Discogs: 190767 Allmusic: mn0000694967 WikiTree: Spector-113 Deezer: 160508 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Creador da técnica de produción "Wall of Sound" (en galego, "muro de son") Spector foi o pioneiro no son dos grupos de rapazas dos anos 60 e produciu ao redor de 25 éxitos top 40 entre 1960 e 1965. Algúns dos seus grupos femininos máis famosos son The Ronettes e The Crystals. Despois do seu éxito inicial, Spector traballou con artistas como Ike e Tina Turner, John Lennon, George Harrison e Ramones con semellante aclamación. Produciu o álbum dos Beatles Let It Be, e o directo de George Harrison The Concert for Bangladesh. En 1989 Spector entrou no Rock and Roll Hall of Fame. A canción de 1965 "You've Lost That Lovin' Feelin'", producida e co-composta por Spector para The Righteous Brothers, está listada pola organización BMI como o tema máis emitido pola radio estadounidense no século XX. O derradeiro gran disco producido por el foi The End of Century de Ramones en 1979.[1]

No ano 2009 Spector foi declarado culpable de asasinato en segundo grao pola morte a tiros no 2003 da actriz Lana Clarkson na súa casa de Alhambra (California). Foi condenado a botar 19 anos no cárcere, pero uns meses antes de saír apañou a COVID-19 na prisión e faleceu unhas semanas máis tarde.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Gil, Pablo (17 de xaneiro de 2021). "Muere Phil Spector, productor gigante del pop, personaje siniestro". elmundo.es (en castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2021. 
  2. "“Phil Spector morreu” : o produtor vítima de boatos de morte". Mediamass. Consultado o 16 de xaneiro de 2021.