Phaeothamniophyceae

Phaeothamniophyceae
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
(sen clasif.) SAR
Superfilo: Heterocontófita
Filo: Ochrophyta
Clase: Phaeothamniophyceae
R. A. Andersen & J. C. Bailey, 1998
Order
Sinonimia
  • Aurearenophyceae Kai et al. 2008 emend. Cavalier-Smith 2013
  • Aurophyceae

Phaeothamniophyceae é unha clase de algas douradas-amarronadas dos heterocontófitos.[1][2][3]

Estes protistas aparecen como cocoides, capsoides, formando pseudofilamentos ou filamentos e son propios de augas doces ou salobre.[4]

A súa parece celular adoita ser laminada e con vesículas densas en electróns pegadas a ela desde o interior. Teñen mitocondrias con cristas tubulares e cloroplastos con, ás veces, microcompartimentos chamados pirenoides. Cada célula ten dúas membranas de retículos endoplasmáticos de cloroplastos. Con iso, a membrana do cloroplasto é continua coa membrana exterior da membrana nucleolar. Os cloroplastos teñen lamelas estreitas. O DNA do cloroplasto aparece en forma de anel. Cada célula adoita ter entre 2 e 4 plastidios. Nas células con capacidade motil, uns flaxelos plumosos saen dos laterais e un flaxelo, liso pero con filamentos laterais, sae da parte apical. Almacenan, entre outros, lípidos en vacúolos contráctiles.[4]

Os pigmentos da fotosíntese que presentan son as clorofilas a e c, a fucoxantina, heteroxantina, diadinoxantina e o β-caroteno.[4]

Descoñécese se se reproducen de xeito sexual. A súa reprodución asexual consiste na división celular, na formación de autosporas non móbiles ou na formación de zoospora con dous flaxelos. Cando se dá a división celular prodúcese por eleuteroscise, isto é, a escisión da parede da célula parental tras unha separación. As zoosporas teñen flaxelos laterais, igualmente.[4]

Os Phaeothamniophyceae están preto das xantofítas e feófitos. Clasificáronse dentro da mesma clase ata o 1998.

Clasificación editar

Notas editar

  1. Ruggiero; et al. (2015). "Higher Level Classification of All Living Organisms". PLoS ONE 10 (4): e0119248. PMC 4418965. PMID 25923521. doi:10.1371/journal.pone.0119248. 
  2. Silar, Philippe (2016). "Protistes Eucaryotes: Origine, Evolution et Biologie des Microbes Eucaryotes". HAL archives-ouvertes: 1–462. 
  3. Cavalier-Smith, Thomas; Scoble, Josephine Margaret (2013). "Phylogeny of Heterokonta: Incisomonas marina, a uniciliate gliding opalozoan related to Solenicola (Nanomonadea), and evidence that Actinophryida evolved from raphidophytes". European Journal of Protistology 49: 328–353. doi:10.1016/j.ejop.2012.09.002. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Robert Edward Lee. 2008. Phycology. Fourth edition. Cambridge University Press. isbn: 9780521682770.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar