Petra Barnés González

Farmacéutica española exiliada en México

Petra Barnés González, nada en Madrid o 9 de abril de 1908 e finada no mesmo lugar en 1992, foi unha das pioneiras españolas no campo da química. Foi seleccionada para traballar no laboratorio do Instituto Nacional de Física e Química, durante a Idade de Prata[1]

Infotaula de personaPetra Barnés González

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de abril de 1908 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte1992 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFrancisco Giral Editar o valor em Wikidata
PaiFrancisco Barnés Salinas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsDorotea Barnés González e Adela Barnés González (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Petra Barnés tivo tres irmás ( Dorotea, Adela e Ángela), e tres irmáns (Urbano, Franciso e Juan). Os seus pais, Dorotea González e Francisco Barnés Salinas, que eran institucionistas, procuraron que as súas fillas estudasen igual que os seus fillos. Francisco Barnés Salinas foi catedrático de historia do Instituto-Escola, deputado en 1931 e ministro de instrución pública e belas artes, en 1933, co goberno de Manuel Azaña, e despois, en 1936 no de Santiago Casares Quiroga primeiro e, despois, con José Giral.

As catro irmás Barnés cursaron estudos universitarios: Dorotea e Adela licenciáronse en química, Petra en farmacia e Ángela en filoloxía árabe. Petra foi alumna do Instituto-Escuela desde o terceiro curso de secundaria. Cursou os estudos de farmacia, licenciándose en 1932, con premio extraordinario de licenciatura, do que se daba cumprida noticia na prensa. Petra foi profesora encargada de curso no Instituto-Escola, durante 1931 a 1933. Compaxinou o seu traballo na Universidade Central co do laboratorio Instituto Nacional de Física y Química.[2]

En 1936 o seu marido Francisco Giral obtivo por oposición a cátedra de Química Orgánica aplicada á Farmacia na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela.[3]

Exilio editar

A guerra civil española e a ditadura franquista obrigáronlle a exiliarse, elixindo México como lugar de residencia, onde chegou en 1939 co seu marido, Francisco Giral, e cos seus dous fillos, Ángela e Francisco Giral Barnés. Na súa ficha de entrada faise constar que era farmacéutica e mestra.

O matrimonio elixiu o exilio en México, porque alí ambos tiñan traballo no laboratorio do Centro Politécnico Nacional.

Xuntos descubriron a fórmula da giralgenina.[4]

Notas editar

  1. Magallón Portolés, Carmen (2011). "Químicas en la edad de Plata" 1 (107): 94 a 101. ISSN 1575-3417. Consultado o 21 de marzo de 2016. 
  2. "Mujeres y segunda enseñanza en Madrid (1931-1939). El personal docente femenino en los institutos de bachillerato". 2014. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2016.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)
  3. "Francisco Giral González no Álbum da ciencia". consellodacultura.org. Consultado o 2021-09-25. 
  4. "Persona - Barnés González, Petra (1910-1992)". PARES. Consultado o 2021-09-25. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar