Peter Vaughan
Peter Vaughan, nado o 4 de abril de 1923 e finado o 6 de decembro de 2016, foi un actor inglés coñecido polos seus papeis secundarios nunha morea de filmes e producións televisivas británicas.[1] Traballou moito en teatro, sendo coñecido por interpretar inspectores de policía, axentes soviéticos e papeis semellantes. É famoso polo seu papel de Grouty na comedia Porridge (malia saír só en tres episodios) e polo seu papel recorrente en Citizen Smith, escrito por John Sullivan. Tamén tivo papeis importantes como Tom Franklin en Chancer (1990–1991) e como Maester Aemon na serie da HBO Game of Thrones.
Peter Vaughan | |
---|---|
Nome completo | Peter Olm |
Nacemento | 4 de abril de 1923 |
Lugar | Wem (Shropshire) ![]() |
Falecemento | 6 de decembro de 2016 (93 anos) |
Lugar | Mannings Heath (West Sussex) ![]() |
Causa | Epilepsia |
Nacionalidade | Reino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Educado en | Thomas Alleyne's High School |
Cónxuxe(s) | Billie Whitelaw (1952–1966) Lillias Walker |
Profesión | Actor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
NotasEditar
- ↑ British Film Institute (ed.). "Peter Vaughan". Consultado o 7 de decembro de 2016.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Peter Vaughan na IMDb (en inglés).