Peter MacKay

político canadense


Peter Gordon MacKay, nado en Nova Glasgow (Nova Escocia) o 27 de setembro de 1965, é un político canadense. Foi ministro de Asuntos Exteriores entre 2006 e 2007, Ministro de Defensa entre 2007 e 2013, foi, entre o 15 de xullo de 2013 e o 2 de agosto de 2015, Ministro de Xustiza e Fiscal Xeral do Canadá.

Infotaula de personaPeter MacKay

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Nova Glasgow, Canadá (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
50º Minister of Justice and Attorney General of Canada (en) Traducir
15 de xullo de 2013 – 4 de novembro de 2015
← Rob Nicholson (pt) TraducirJody Wilson-Raybould →
Nomeado por: Stephen Harper
Membro da Câmara dos Comuns do Canadá (pt) Traducir
2 de maio de 2011 – 18 de outubro de 2015 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 41º Parlamento do Canadá (pt) Traducir

Circunscrición electoral: Central Nova (en) Traducir

Membro da Câmara dos Comuns do Canadá (pt) Traducir
14 de outubro de 2008 – 1 de maio de 2011 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 40º Parlamento do Canadá (pt) Traducir

Circunscrición electoral: Central Nova (en) Traducir

39º Minister of National Defence (en) Traducir
14 de agosto de 2007 – 15 de xullo de 2013
← Gordon O'Connor (en) TraducirRob Nicholson (pt) Traducir →
Minister of Foreign Affairs of Canada (en) Traducir
6 de febreiro de 2006 – 14 de agosto de 2007
← Pierre Pettigrew (en) TraducirMaxime Bernier (pt) Traducir →
Minister for the purposes of the Atlantic Canada Opportunities Agency Act (en) Traducir
6 de febreiro de 2006 – 19 de xaneiro de 2010
← Joe McGuire (en) TraducirKeith Ashfield (en) Traducir →
Membro da Câmara dos Comuns do Canadá (pt) Traducir
28 de xuño de 2004 – 19 de outubro de 2015
← sen valor – Sean Fraser (en) Traducir →
Lexislatura: 36th Canadian Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: Central Nova (en) Traducir, Pictou—Antigonish—Guysborough (en) Traducir
Membro da Câmara dos Comuns do Canadá (pt) Traducir
2 de xuño de 1997 – 28 de xuño de 2004
← Roseanne Skoke (en) TraducirSupresión do cargo →
Circunscrición electoral: Pictou—Antigonish—Guysborough (en) Traducir
Membro da Câmara dos Comuns do Canadá (pt) Traducir

Lexislatura: 39th Canadian Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: Central Nova (en) Traducir
Membro da Câmara dos Comuns do Canadá (pt) Traducir

Lexislatura: 38th Canadian Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: Central Nova (en) Traducir
Membro da Câmara dos Comuns do Canadá (pt) Traducir

Lexislatura: 37th Canadian Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: Pictou—Antigonish—Guysborough (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Acadia (pt) Traducir
Horton High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , diplomático , político , xogador de rugby Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Conservador do Canadá (pt) Traducir
Partido Progressista Conservador do Canadá (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
DeporteRugby Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNazanin Afshin-Jam Editar o valor em Wikidata

Páxina webpetermackay.ca Editar o valor em Wikidata
Facebook: PeterGMacKay Twitter: PeterMacKay Instagram: petergmackay Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Peter MacKay é licenciado en dereito e en 1991 foi chamado para a avogacía de Nova Escocia. Exerceu como avogado pero tamén como maxistrado en diversas xurisdicións.

Foi elixido por primeira vez para a Cámara dos Comúns do Canadá en xuño de 1997, con respecto á circunscrición de Pictou-Antigonish-Guysborough, baixo as cores do Partido Conservador Progresista do Canadá. Foi reelixido en novembro de 2000.

O 31 de maio de 2003, sucedeu ao ex primeiro ministro Joe Clark como líder do Partido Progresista Conservador. En agosto de 2003 publicouse unha enquisa de Ipsos-Reid, que indicaba que o apoio ao partido caería, en tres meses, desde o 19% ao 12% na opinión pública canadense.

Foi o último líder do Partido Conservador Progresista do Canadá (PC). En decembro de 2003 apoiou a fusión do partido coa Alianza Canadense para formar o novo Partido Conservador do Canadá.

Foi reelixido nas eleccións federais canadenses de 2006. O 6 de febreiro de 2006, xurou no despacho do primeiro ministro Stephen Harper o cargo como Ministro de Asuntos Exteriores. Despois converteuse en Ministro de Defensa Nacional e Ministro responsable da Axencia de Oportunidades do Canadá Atlántico. Durante a remodelación do gabinete en xullo de 2013, Peter MacKay convértese en Ministro de Xustiza e Fiscal Xeral do Canadá.

O 15 de xaneiro, MacKay anunciou a súa candidatura para a carreira de liderado conservador de 2020 e foi derrotado por Erin O'Toole na terceira votación para o liderado, tras o que se retirou da política activa.

Críticas editar

Foi criticado por cometer un erro ao falar das provincias que comparten fronteira con California en 2011 durante un discurso tras a aparición de Arnold Schwarzenegger en Winnipeg.[1]

Peter MacKay tamén foi criticado polo seu mal dominio da lingua francesa, a segunda lingua do Canadá e a principal no Quebec[2][3].

Comisións da Cámara dos Comúns editar

Na Cámara dos Comúns do Canadá, Peter MacKay foi membro:

  • durante a 36 lexislatura (1997-2002), a Comisión Permanente de Xustiza e Dereitos Humanos e diversas subcomisións,
  • durante o 38 Parlamento (2002-2004), a Comisión Permanente de Xustiza e Dereitos Humanos (rebautizada, durante o 3 Sesión, Comisión Permanente de Xustiza, Dereitos Humanos, Seguridade Pública e Preparación ás Emerxencias), e diversas subcomisións,
  • durante a 38 lexislatura (desde 2004), dúas subcomisións.

Galería de imaxes editar

Vida persoal editar

Desde 2006 até 2011 rumoreouse que mantiña unha relación con Condoleezza Rice; a Secretaria de Estado negou o romance pero afirmou que el fora un bo amigo e grazas a el continuou no seu cargo, que planeaba deixar.[4]

O 4 de xaneiro de 2012, casou coa activista e cantante Nazanin Afshin-Jam, sendo daquela Ministro de Xustiza e Fiscal Xeral do Canadá,[5] nunha cerimonia privada en México.[6] A parella ten dous fillos varóns, un chamado Kian, nado en 2013 e outro Caledon, nado en 2018 e unha filla chamada Valentia, nada en 2015.[7][8]

Notas editar

  1. "Arnold Schwarzenegger & Defence Minister Peter MacKay". Consultado o 2022-05-03. 
  2. "Au-Canada-un-debat-tres-politique-sur-les-langues". 
  3. Statistique Canada (Modelo:S.d.). "Population selon les langues maternelles déclarées, Canada, 2006 et 2011". Consultado o 26 de setembro de 2013. .
  4. "Condoleezza Rice Opens Up About MacKay Romance Rumours". HuffPost (en inglés). 2011-12-13. Consultado o 2022-05-03. 
  5. "Honourable Peter Gordon Mackay". pm.gc.ca. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2014. Consultado o 5 de maio de 2014. 
  6. "Mackay-marriage". Consultado o 7 de maio de 2014. 
  7. "Defence-minister-peter-mackay-announces-birth-of-son-kian-alexander". 1 de abril de 2013. Consultado o 7 de maio de 2014. 
  8. "peter-mackay-and-nazanin-afshin-jam-announce-birth-of-baby-girl-valentia". Consultado o 12 de decembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar