Pesochnica é unha aldea sita ó noroeste de Bulgaria, na rexión de Montana, pertencente ó concello de Berkovica.

Modelo:Xeografía políticaPesochnica

Localización
Mapa
 43°15′10″N 23°12′11″L / 43.252782, 23.203065Coordenadas: 43°15′10″N 23°12′11″L / 43.252782, 23.203065
PaísBulgaria
Província da Bulgária (pt) TraducirMontana (província) (pt) Traducir
Municípios da Bulgária (pt) TraducirBerkovitsa Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación25 (2024) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude474 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal3519 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Historia editar

Hai evidencias da existencia de Pesochnica dende a ocupación de Bulgaria polo Imperio Otomán (finais do século XIV). De feito, é probable que o pobo existise xa nos tempos finais do Segundo Imperio Búlgaro (século XIV). Existen rexistros fiscais turcos de finais do século XV e comezos do XVI que amosan o pago de impostos por parte dos poboadores de Pesochnica.

No período de dominación otomá non había ningún habitante turco na vila (segundo o historiador G. Milchev). Existían só dúas ou tres familias ‘cherkesas’, pero o pobo non foi moi hospitalario con eles e os poboadores non acolleron ben tanto a esta nova xente de tan diferente cultura, como ós invasores. Conta a lenda que na vila se agochaban loitadores pola liberdade de Bulgaria que ilegalmente vivían nos bosques. Sábese que un deles estivo preso en Niš por rouba-lo transporte cos impostos turcos. Na súa estadía no cárcere foi chamado polo gobernador de Vidin e lle foi encomendada a misión de leva-la caravana cos impostos e, se o acadaba, daríalle unha grande extensión de terras, se non, mataríao. Despois dunha viaxe duns tres anos á presente Istambul volveu e o gobernador deulle o prometido, unhas terras onde na actualidade se atoparía Pesochnica. Anos máis tarde o seu fillo malgastaría moitas destas propiedades porque lle encantaba a rakia (típico licor búlgaro). Por unha peliza vendeu dúas leiras. A primeira delas venderíaa para consegui-la peliza, pero emborrachouse e alguén lla roubou. Ó día seguinte vendéronlla de novo a cambio da segunda leira (así che é a vida).

Pero non só os loitadores de Pesochnica, senón tamén máis xente dos pobos veciños, tentaban rouba-los impostos turcos e é por iso que na actualidade hai xente que tenta atopar tesouros soterrados na rexión, polo que cavan nas terras da xente.

Existe unha fonte chamada “хайдушкото кладенче” (Haidushkoto kladenche) que aínda agora se atopa agochada no bosque e é difícil de atopar.

Nalgures neste período naceu Anto Giorgiev (o primeiro presidente do primeiro Parlamento Búlgaro), que sería elixido por se-lo maior de todos eles ata a escolla do definitivo. Naceu no 1778 e morreu no 1880, sendo soterrado en Pesochnica.

No período de dominación turca, Pesochnica era un concello búlgaro e despois da liberación permaneceu séndoo. Foi a partir do ano 1944 (coincidindo co comezo de réxime comunista) cando Pesochnica pasa a formar parte doutro concello.

Moitos dos poboadores do pobo participaron nas Guerras de Unificación en Bulgaria onde moitos deles morrerían.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar