Pero Meogo
xograr galego-portugués
Pero Meogo foi un xograr galego-portugués da Idade Media.
Pero Meogo | |
---|---|
Nacemento | 1200 |
Falecemento | 1261 |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Monumento adicado aos poetas, cantores e trobadores da ría de Vigo, Martín Codax, Pero Meogo, Mendiño e Paio Gómez Chariño, A fada e o dragón de Xaime Quessada, no paseo de Alfonso XII de Vigo.
TraxectoriaEditar
Del non se ten case información, e suponse que debeu ser contemporáneo do rei don Dinís de Portugal (que reinou desde 1279 até 1325). Consérvanse nove cantigas de amigo da súa autoría.
O cervo aparece en varias cantigas de Pero Meogo.
Os especialistas na lírica medieval galego-portuguesa Carlos Alvar e Vicente Beltrán sitúan a obra de Pero Meogo a medio camiño entre a cantiga narrativa e a de amigo[1]. Neste autor vese un amplo uso de símbolos da natureza, especialmente do cervo e a auga.
NotasEditar
- ↑ Carlos Alvar e Vicente Beltrán, Antología de la poesía gallego-portuguesa, Alhambra, 1989
Véxase taménEditar
EdiciónsEditar
- MÉNDEZ FERRÍN, X. L.: O cancioneiro de Pero Meogo, Vigo, Galaxia, 1966.
- AZEVEDO FILHO, L. A. de: As cantigas de Pero Meogo, Brasilia, 1981.